O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova edición do programa municipal de cros escolar, que comeza esta fin de semana (domingo 17 de febreiro) no colexio Monterrey, na Travesía de Vigo, e que ata novembro ofrecerá seis carreiras en cinco centros de ensino da cidade e unha no parque de Castrelos.

Información
Agenda de Galicia

Vienna Clarinet Connection pechará a XII Festival "Pórtico do Paraíso"

Información
Localidades de Galicia 12 Febrero 2019 85 votos

  • O evento cultural, no que tamén participarán grupos de España, Italia, Suíza e Reino Unido, celebrarase do 15 ao 24 de marzo de 2019.

Ourense, 7 de febreiro de 2019.- O cuarteto de Austria Vienna Clarinet Connection será o encargado de pechar a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense "Pórtico do Paraíso" e compartirá cartel con outras agrupacións procedentes de Galicia, España, Italia, Suíza e Reino Unido, convertendo do 15 ao 24 de marzo a provincia de Ourense, "na capital da música clásica de Galicia con carácter internacional", dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación deste evento cultural hoxe no Pazo Provincial, acto no que tamén participou o alcalde e a concelleira de Cultura de Ourense, Jesús Vázquez e Belén Iglesias; e o director do Festival, Juan Enrique Miguéns.

Información
Agenda de Galicia

Coiro, olaría, cestaría, cantaría, ou forxa en directo

Información
Localidades de Galicia 12 Febrero 2019 88 votos

Demostracións en vivo de coiro, olaría, cestaría, cantaría, ou forxa, na programación de Artesanía da Deputación

O Executivo aprobou en Xunta de Goberno o programa de Promoción da Artesanía 2019 , co que impulsa o sector artesanal da provincia con 15.000 euros

A Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia

Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude

O SdeA da Deputación emitirá en directo os Campionatos Internacionais de Baristas de Foz do 13 ao 15 de febreiro

Darío Campos destacou que que “a Deputación continúa coa frutífera colaboración que mantiveron a TIC e o IES de Foz para difundir esta actividade e proporcionar unha práctica nun escenario real aos nosos alumnos”

13 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, e 14 profesionais participarán nos tres campionatos internacionais

Alumnos de segundo de Realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, serán os encargados de realizar o streaming que poderá verse a través do Facebook do SdeA

O encontro, que se celebrará por primeira vez no pavillón dos deportes do instituto, incluirá degustacións gratuítas de café o xoves e venres de 9:30 a 13:00 horas.
Información
Agenda de Galicia

24 horas nadando pola igualdade de xénero no deporte

Información
Localidades de Galicia 12 Febrero 2019 67 votos


Cartel da iniciativa do próximo 6 de marzo

O Servizo de Deportes organizará o vindeiro 6 de marzo unha xornada co reto de realizar ’24 horas nadando pola Igualdade de Xénero no deporte’. Esta é unha iniciativa que carece de carácter competitivo e cuxa finalidade é erixirse simbolicamente contra a discriminación de xénero, de xeito particular, no deporte. A inscrición xa se pode formalizar a través da web.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos que deberán acudir á piscina da USC provistos de bañador, gorro e ‘chanclas’ en calquera horario do evento. Ademais será necesario asinar o manifesto pola igualdade e a participación da muller no Deporte presentado polo Consello Superior de Deportes e dispoñible nas propias instalacións universitarias. Quen decida unirse e nadar, poderá facelo de forma individual ou colectiva, asistindo a clase quen sexa usuario/a da Escola de Natación da USC ou acudindo como público.

Como referencia está previsto que cada persoa realice un tramo de 10 minutos de duración. Aquelas asociacións, clubs ou organizacións interesadas en participar deberán poñerse en contacto co Servizo de Deportes (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) para planificar a súa presenza na actividade. As cen primeiras persoas que formalicen a súa inscrición recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

Recorrerá 14 ayuntamientos de A Costa da Morte entre el 14 y el 20 de septiembre.
Costa da Morte, 12 de febrero de 2019. El Grand Trail Costa da Morte, que se celebrará entre los días 14 y 20 de septiembre y que recorrerá 100 kms en 3 etapas y 265 kms en 7 etapas, acaba de publicar su nueva web y abrir las inscripciones.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e voceira de sanidade de En Marea, xunto a Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá domingo ás 12 horas na mobilización convocada por SOS Sanidade Pública encamiñada a frear o desmantelamento da nosa sanidade pública posto en práctica polo goberno do PP e a prol de atender as demandas do persoal sanitario, de cara a dar unha axeitada calidade de servizo á cidadanía.

Información
Agenda de Galicia

Pilar Alonso recibirá o galardón "Galega Destacada 2018" o 9 de febreiro

Información
Localidades de Galicia 07 Febrero 2019 135 votos

O Concello organiza e financia un ano máis á homenaxe anual á pensadora e escritora Concepción Arenal, que nesta ocasión se celebrará o próximo sábado 9 de febreiro. Este ano a "Galega Destacada 2018" será a artista viguesa Pilar Alonso, tal e como propuxo o colectivo "Diálogos 90".

O colectivo "Diálogos 90" decidiu outorgar o galardón "Galega Destacada 2018" á artista Pilar Alonso, nacida en Vigo en 1972. O Concello coopera a financia un recoñecemento que conmemora a efeméride da pasamento da pensadora e escritora Concepción Arenal e que se celebra o próximo sábado, 9 de febreiro.

Hoxe dia 6 de febrero  as 19 horas  na librería Couceiro dá  Praza de Cervantes de  Compostela  presentarase o libro " A Sanidade Público entre o Éxito e o Desastre" escrito por  Marciano  Sánchez  Bayle e  Sergio  Ferendez, destacados membros da Federación de Asociacións para a  Defensa da Sanidade Pública,  e que ten unha importante  influencia na  polítuca sanitaria de todo o Estado

 

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...