A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitou este venres a praia do Regueiro e a zona do Pedrido, no marco do percorrido que está realizando polas diferentes comarcas galegas co fin de trasladar as súas problemáticas ao Parlamento Europeo.

“Para o BNG a calidade das nosas augas é unha prioridade, posto que dela dependen unha parte importante dos sectores produtivos galegos”, afirmou a eurodeputada nacionalista en referencia á pesca e o marisqueo, pero tamén ao turismo.

Día da Patria Galega 2018 - 3 Día da Patria Galega 2018 - 3 A portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou nunha abarrotada Praza da Quintana que o BNG é “a casa común” na que caben todas as persoas que queren sumar por Galiza e pediu máis xenerosidade ca nunca “con todas os galegos e galegas que senten esta nación” para liderar o novo tempo político que, avanzou, terá o punto de partida nas eleccións municipais de 2019.

Información
BNG:

Pensións dignas para galegas e galegos

Información
Elecciones municipales de Galicia 24 Mayo 2018 735 votos

As decisións que está a adoptar o Goberno español son especialmente mesquiñas na Galiza: temos as pensións máis baixas do Estado español (15 puntos por baixo da media estatal), unha maior porcentaxe de pensionistas en relación á  nosa poboación, e as pensións son o único ingreso que entra en moitos fogares.

  • Acto público en Santiago de Compostela“Temos dereito a algo mellor que a Galiza máis pobre e desigual que nos deixa Feijóo, o candidato do partido que representa paro e corrupción”
  • Á xente moza: “Tendes que ser o motor do tempo novo que propón o BNG e non resignarvos a escoller entre precariedade ou emigración”

A 48 horas de rematar a campaña electoral, a candidata nacionalista á Presidencia, Ana Pontón, fixo un chamamento para que haxa unha votación masiva o 25S e que ningunha persoa que aposte por unha mudanza real se quede na casa o domingo, “porque de nada servirá lamentarse ao día seguinte”.

Acto público no Teatro Rosalía de Castro da CoruñaO BNG é a candidatura das persoas que confían na Galiza e o seu voto será o que derrote á maioría de Feijóo

  • A candidata fixa como prioridade de goberno “blindar o dereito á saúde”

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, instou a todas as persoas que queren un cambio real a partir do 25S a que o domingo enchan as urnas de votos “inconformistas e rebeldes” apostando por un proxecto político de país, solvente, coherente e con experiencia que ten a cabeza e o corazón en Galiza.

“O BNG é a candidatura das persoas que teñen a rebeldía de confiar en Galiza, que teñen a rebeldía de confiar nas nosas propias forzas, e serán os votos deses galegos e galegas inconformistas os que derroten ao PP quitándolle a maioría absoluta a Feijóo”, proclamou a candidata desde o Teatro Rosalía da Coruña. Convencida da remontada e de que o Bloque dará a sorpresa, porque “somos a garantía de cambio real cun valor dobre”.

Acto público en RedondelaO candidato do BNG pola provincia de Pontevedra asegurou hoxe en Redondela que o PP converteu a Xunta nunha xestoría de Madrid

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen pediu o apoio dos veciños e veciñas da vila para a forza nacionalista porque, segundo dixo, “o BNG ten proxecto e solvencia demostrada”.

Presentación do programa Presentación do programa A candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón trasladou hoxe  os parabéns a Feijóo tras coñecer, a través dos medios de comunicación, a súa paternidade. No día que comezan o colexio miles de escolares, a candidata nacionalista afirma que o BNG garantirá que “todos os nenos e nenas deste país, incluído o fillo ou filla do candidato do PP, terá unha praza no ensino público con independencia de que Feijóo aposte polo ensino privado”.

Ana Pontón no Consello Nacional Ana Pontón no Consello Nacional Financiamento propio e fiscalidade plena para ter o control do 100% dos recursos, clave dunha proposta de goberno que confía no potencial do país sen tutelas nen dependencias de Madrid

Ana Pontón  nos entrenamentos antes da competición Na visita ás instalacións da XVI edición do evento deportivo “O Marisquiño” que se está a celebrar na cidade de Vigo, a candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón insistiu en que os incendios nos montes galegos teñen “causas estruturais” polo que reclamou novas políticas agrarias, plans de prevención e servizos de extinción de incendios dependentes da Xunta de Galiza. A nacionalista reclamou “cambios en profundidade” na política forestal da Xunta de Galiza á que acusou de alimentar “a industria do lume” coa recalificación de terreos queimados.

A candidata do BNG lembrou que no período bipartito, o BNG sentou as bases para cambiar a política forestal e ordenación do territorio así como franxas de protección das vivendas e estradas pero coa chegada do PP ao goberno todas aquelas medidas, encamiñadas a protexer os nosos montes, “foron rexeitadas”.



ULTIMATUM AO FUTURO DE PODEMOS GALICIA

En  politica é importante tomar postura, é en  Xuntos sempre...

Comunicado a afiliado@s y opinión pública en general.

Ante numerosos requerimientos periodísticos y por parte de Asociaciones de...

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral de La Marea

Cs A Coruña denuncia el incumplimiento reiterado del programa electoral...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi