Información
BNG:

A casa común de todas as persoas que queren Sumar por Galiza

Información
Elecciones municipales de Galicia 26 Julio 2018 1511 Votos

Día da Patria Galega 2018 - 3 Día da Patria Galega 2018 - 3 A portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou nunha abarrotada Praza da Quintana que o BNG é “a casa común” na que caben todas as persoas que queren sumar por Galiza e pediu máis xenerosidade ca nunca “con todas os galegos e galegas que senten esta nación” para liderar o novo tempo político que, avanzou, terá o punto de partida nas eleccións municipais de 2019.

 

“O BNG é a casa común, o proxecto común deste pobo, e nel collemos todas e todas (...), o BNG é por esencia xeneroso, sexamos máis xenerosas que nunca e abramos ás portas a todas as persoas que queiran partillar con nós a defensa de Galiza e a busca dun futuro mellor. Con intelixencia, pero cos brazos abertos, sumemos e sumemos”, proclamou a líder nacionalista, porque “un edificio sólido pode construírse con diferentes materiais, non importa que tipo de madeira ou de pedra son, o que debe importarnos e que sexan auténticos e de calidade”. 

Día da Patria Galega 2018 - 16Pontón deixou claro que o país precisa un cambio para rectificar o guión de abandono e de discriminación que as forzas estatais, -vellas e novas, de dereita e de esquerda-, reservan para Galiza. Un cambio que só será real se está liderado polo Bloque.

“Galiza necesita un cambio de rumbo urxente que só pode representar o BNG porque é o único que ten a cabeza e o corazón neste país. É o noso reto. Este cambio ten que comezar nas vindeiras municipais de 2019. Sumando persoas e ideas, temos que ofertar a cada un dos concellos un proxecto nacionalista que poña en valor as potencialidades propias e permita avanzar cara un futuro mellor”, declarou.

Por contra, “non van vir solucións nin un futuro mellor dun Feixoó que tivo medo a un descalabro monumental pero que anuncia que partirá a Madrid en 2020 se o panorama do PP estatal está máis despexado. Non virán as solucións de futuro dun Feixóo nesa situación, nin dun PP que ocupa a Xunta de xeito rutineiro, sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva mais alá do poder polo poder e da tapar as súas carencias coa propaganda”, advertiu.

Día da Patria Galega 2018 - 14Pero tampouco teñen un proxecto para este país “as sucursais das forzas políticas españolas”. “Nin das que teñen enormes enerxías para pelexar entre eles aquí, pero quedan sen folgos para facerse ouvir nas súas centrais madrileñas, nin daquelas que defenden unha cousa en Madrid e declaran o contrario na Galiza”, criticou Pontón.

Hai que pasar a páxina da irrelevancia política, evidente nunha moción de censura na que nin Galiza nin os problemas galegos foron sequera citados. “Estaban ocupados e preocupados en reforzar o bipartidismo monárquico. Ese é o papel e o futuro que reservan a Galiza as forzas políticas estatais: O silencio, o desleixo, o abandono. Tanto da Xan que Pericán”, recalcou.

Sumar para liderar un país mellor

Por iso, Galiza necesita un BNG “forte, expansivo e optimista, que dea resposta aos problemas do presente e debuxe a perspectiva dun futuro mellor”, un BNG capaz de sumar por Galiza para liderar o novo tempo político que arrancará nas eleccións municipais. “Sumar por Galiza é defender emprego digno, salarios decentes, igualdade e o dereito a vivir e a traballar neste país. Temos un futuro prometedor por diante se confiamos nas nosas propias forzas”, proclamou.

A día de hoxe, salientou a dirixente nacionalista, este Bloque “cohesionado e coas ideas claras” representa “a única alternativa real e seria ao desgoberno do PP”, por iso, -subliñou-, “unha parte moi substancial da sociedade galega está mirando cara nós e venos con esperanza. Estamos nunha boa situación para dar un gran salto adiante, así que fagámolo posible”, animou Pontón.

Día da Patria Galega 2018 - 13Referentes de honestidade, compromiso e bo goberno

E nesa dirección, a líder do Bloque pediu a militancia e simpatizantes afrontar os vindeiros comicios “coa confianza e a convicción de que podemos dar un gran salto adiante. Non nos autolimitemos, sexamos inconformistas e ambiciosos e dirixámonos ás maiorías sociais, (...) que ve como transformamos en referentes de calidade de vida os pobos, as vilas e cidades nas que gobernamos”. Porque, recalcou, nos concellos e nas deputacións “somos garantía de honestidade, compromiso e de rigor en defensa dos intereses dos galegos e das galegas”.

“Cando o BNG confía nas potencialidades do noso pobo e cando o noso pobo confía no BNG, os resultados son impresionantes”, concluíu, proclamando o seu orgullo por ser parte dunha forza política que defende que Galiza é unha nación é ten dereito a autodeterminación, “e ninguén nos vai roubar o dereito a soñar e a facer realidade os nosos soños”.

Delegacións convidadas

No escenario representantes des forzas nacionalistas do Estado e doutras nacións sen Estado de Europa. Entres elas Esquerra, Poble Lliure, Bloc Valenciá, PNV, EH-Bildu, Sortu, EA, Mes per Mallorca, ALE, FPLP, Sinn Fein ou Bloco de Esquerdas.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

GALICIA É CASTIGADA NA XESTIÓN DOS RECURSOS ELECTRICOS, CxG FAI UNHA PROPOSTA CONCRETA

Diante da pasividade e complicidade das Administracións do estado e...

Ourense en Común agradece o respaldo de Anova para as municipais de 2019

Martiño Xosé Vázquez, portavoz e candidato á alcaldía por OUeC, ...

ALGUÉN VIRÁ QUE BO ME FARA

     E moita a mitoloxía e a tradición que fala...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi