A actual estrutura do monte no noso país está sostida nunha ilegalidade continuada e consentida pola Xunta de Galicia, que maltrata e despraza ás persoas que viven no territorio

Información
24 Mayo 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 755 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Promocionan inicitivas al Defensor del Pueblo ante la aprobación de cientos  de proyectos MACROrenovables sin impacto ambientalCompostela, 23 de Maio 2024. Tivo lugar a reunión do Consello Forestal de Galicia, a principal canle de participación da sociedade galega para potenciar a xestión sustentable e fomentar o desenvolvemento do monte.

Después de las presiones contra la alcaldesa de Santa Comba por posionarse  a favor de las eólicas Grenalia le regala 9.000 euros para que no retire el  apoyo a las tramas eólicas.A instancias do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e outras organizacións sociais foi incluída na orde do día un punto de debate sobre o proxecto GAMA, unha macrocelulosa dez veces maior que a de ENCE na Ría de Pontevedra impulsada pola portuguesa Altri e a galega Greenalia (Greenfiber SL). Representantes da empresa tamén acudiron ao Consello Forestal a presentar o proxecto.

Nosotros Xornal Galicia

O coordenador da área de montes do SLG, Diego Sánchez Agra, chamou a atención na súa intervención sobre o irracional e irresponsábel que é o argumento da Xunta de Galicia, en conivencia cas citadas empresas, de instalar unha macro-fábrica de celulosa como un xeito de xestionar á grave problemática que temos cas macro-extensións de eucaliptos.

Cando algo se fai mal o que hai que facer é correxilo, non disimulalo nunha carreira suicida cara adiante. Na Galiza temos unha clara problemática de sobreocupación e produción de eucalipto, recoñecida tanto pola Administración pública como percibido por unha inmensa maioría da sociedade. De feito, é tanto así que a día de hoxe a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galicia prohibe as novas plantacións desta especie ata finais do ano 2025. Para o Sindicato Labrego Galego é verdadeiramente alarmante que a Xunta de Galicia afirme que quere abordar esta situación a través instalación dunha planta contaminante de transformación primaria, de escaso valor engadido para a exportación e que o único que vai facer é seguir afondando na xa mermadísima superficie agraria útil galega (a menor de todo o Estado), empeorar a perda de biodiversidade e especies autóctonas nos nosos montes e acrecentar o perigo de vagas de lumes para a poboación que vivimos no medio rural, e inda por riba acaparando 250 millóns de cartos públicos”, explicou Diego Sánchez.

A actual estrutura do monte no noso país está sostida nunha ilegalidade continuada e consentida pola Xunta de Galicia, que maltrata e despraza ás persoas que viven no territorio e pretenden sacar do monte outras cousas e non son absentistas.Nosotros Xornal Galicia

Hoxe solicitamos que a Administración pública tome verdadeira consciencia desta problemática e deixe de enviar mensaxes de fomento do eucalipto ás persoas produtoras. Ademais, é obvio que as limitacións son absolutamente laxas, de cara a galería: a día de hoxe xa se superaron as previsións de plantacións de eucalipto que figuraban inicialmente no Plan Forestal de Galicia para o ano 2030, e son sorprendentemente escasas as medidas de control de plantacións ilegais.

Canda o importante impacto a nivel de perda de biodiversidade, no eido económico esta situación, canda o escaso fomento e estudo das producións e aproveitamento de frondosas autóctonas, leva anos provocando a destrución do tecido empresarial de serradoiros comarcais de procesado de frondosas e piñeiro.El PP de Galicia con Alfonso Rueda al frente, desesperado por que no puede  servir en bandeja Galicia a Beatriz Mato, expulsada del PP por corrupción  Operación AZNET.

Dende o SLG apostamos por un modelo forestal enmarcado tamén na nosa soberanía como pobo. Consideramos que prexudica á poboación galega o actual enfoque á exportación da produción dos nosos montes ao tempo que estamos importando outros produtos forestais para cubrir as necesidades de madeira e transformados. A Xunta de Galicia quere realizar un aproveitamento integral dos recursos autóctonos ou busca darlle utilidade a especies exoticas, invasoras dos espazos onde desprazaron as especies autóctonas?

O Sindicato Labrego Galego solicitou tamén hoxe que sexan aportados datos oficiais da cantidade de extensión de eucaliptos que están en terreo de cultivo e pasteiros, así como delimitar aquela que substitúe a outras masas forestais. Insistimos tamén en denunciar que a Administración non está a actuar de oficio nin facendo seguimento das plantacións ilegais, é máis, cando o SLG ten interposto denuncias inténtasenos disuadir argumentando que non somos parte interesada.O PP na Xunta aproba 75 parques eólicos de forma “express” ante o medo a  perder as eleccións municipais

Estanse facendo plantacións en parcelarias executadas recentemente, na parte agrícola, isto so é posible cando a administración está a mirar para outro lado. Logo ademais cando activa medidas, como no caso da moratoria, en lugar de acadar o obxectivo de redución provoca un efecto chamada. Chegaron a acortarse até masas de piñeiro de 20 anos para pór eucalipto, e unha vez establecida seguen sen controlarse as plantacións ilegais. O resultado deste proceder xa o sabemos: grandes extensións de monocultivo descontroladas que inciden na existencia de incendios por desprazamento da poboación rural e desinterese por un aproveitamento sostíbel monte, dificultando moito as labores de extinción, dando lugar á perda de vidas humanas e á destrución de casas e propiedades da poboación rural”, denuncio Sánchez Agra.

Promocionan inicitivas al Defensor del Pueblo ante la aprobación de cientos  de proyectos MACROrenovables sin impacto ambiental

Á vista do actual escenario nos nosos montes, cuestionámonos se existe verdadeiramente unha estratexia forestal galega máis aló de respostar aos intereses de determinadas empresas privadas. O Plan forestal fala de superficies e medidas, con que obxectivo? Cantas voltas deu a Axencia da industria forestal?

Instamos á Xunta de Galicia a reflexionar de verdade sobre que tipo de produción e de estrutura de monte queremos ter, que tipo de cadea monte-industria, e apostar por unha transformación de serra fronte á trituración e a pasta de celulosa.

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal