Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O PSdeG ACUSA A RUEDA DE “SAQUEAR” AS CONTAS PÚBLICAS, REPARTINDO 500 MILLÓNS DE EUROS EN 15 DÍAS CON FINS ELECTORALISTAS

Información
24 Enero 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 1563 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

fotonoticia 20240123130006 1200Patricia Iglesias e Mayra García critican que dende a convocatoria electoral “están a tirar a casa pola ventá e utilizan os cartos de tódalas galegas e galegos como redes clientelar”

Sinalaron que as probas destas afirmacións, recollidas no DOG, constatan que antes de convocar os comicios “o PP e Rueda xa tiñan formulada unha estratexia para retrasar algunhas axudas e adiantar outras para concentralas neste período”

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024. As candidatas socialistas ás eleccións autonómicas Patricia Iglesias e Mayra García acusaron hoxe ao candidato do PP de “saquear” as contas públicas cun “descarado uso electoralista” dende o goberno galego. Alertaron que logo de 15 anos de parálise e incompetencia, o goberno galego ten mobilizado 500 millóns de euros nos últimos 15 días nun cento de subvencións e axudas directas a dedo, con opacidade e sen transparencia.

 

As responsables socialistas criticaron que dende a convocatoria das eleccións “están a tirar a casa pola ventá a costa de espoliar as arcas públicas e utilizar os cartos de tódalas galegas e galegos á súa conveniencia e como rede clientelar”. Sinalaron que “no DOG están tódalas probas” deste “intento desesperado por adulterar o resultado electoral” dos comicios autonómicos do 18F, e que “só no día de onte foron 13 millóns de euros.

 

Iglesias alertou da publicación “exprés” nos DOG dos últimos días dun longo listado de subvencións a todo tipo de entidades e asociacións, que evidencian a concepción patrimonial que ten o PP do goberno galego.

 

Advertiu que “Besteiro non permitirá esta hipoteca aos galegos e ás galegas”, que sinalan que “demostra a desesperación de Rueda e o intento de deixar sen cartos ao novo goberno que terá Galicia”. Apuntaron que “o Partido Socialista examinará tódalas vías para impedilo”.

 

As responsables socialistas acusaron ao PP de priorizar medidas electoralistas no canto de ofrecer uns servizos públicos de calidade e solucións reais aos problemas dos galegos e das galegas, dando mostra do seu “pasotismo” e “desatención” na xestión do goberno galego. Puxo como exemplo o “bono coidado” á Dependencia, que constitúe unha nova “mentira” que ten denunciado o propio Colexio Oficial de Traballadores Sociais, e que está a colapsar os Servizos de Atención no Fogar que prestan os concellos.

 

Sinalou que “non poñemos en cuestión a necesidade de moitas destas axudas”, pero consideran “estraño” que logo de case 15 anos perdendo fondos por non executalos decidan “sacalos todos de golpe a menos dun mes das eleccións”. Advirten que mesmo recollen iniciativas de anos anteriores e publican partidas plurianuais que comprometen cartos a futuro “mesmo hipotecando as actuacións do próximo goberno”.

 

13 millóns nun só día

 

Advertiu que “onte mesmo o DOG recollía 13 millóns de euros máis nun suma e segue desesperado” e sinalaron que “estamos seguras de que esta chuvia de millóns vai seguir nos próximos días”. Alertan que “estas cifras son moi superiores ás de calquera inicio de ano, o que evidencia a súa intención clientelar e electoralista”, ata o punto de que nin tan sequera podemos saber se as subvencións vanse levar a termo.

 

A número 3 por Lugo, Mayra García, acusou ao PP de Rueda de “usar como propios os cartos públicos, baleirando as arcas públicas cunha total falla de ética e de integridade, tirando ás peores prácticas do caciquismo ao que nos teñen afeitos". Apuntaron que “saben que hai partido, que o pobo galego xa non traga coa súa incompetencia e as súas mentiras, que acadaron as cotas máximas coa xestión da marea plástica de pélets nas nosas costas”.

 

Advertiu que no PP están “nerviosos” porque “a xente está mobilizándose, e saben, como dixo o presidente Sánchez esta fin de semana, que a urnas cheas, cambio seguro”. Lamentaron que “insulten á intelixencia dos galegos e das galegas” con “manobras groseiras que no fan máis que confirmarnos que desta vai”.

 

Lamentou a falla de regulación legal deste tipo de actuacións en períodos electorais, que consideran “un intento de chantaxe coa única finalidade de comprar os votos da xente, repartindo cartos a esgalla” cun regueiro de cartos públicos que se pode constatar dende o mes de decembro e que “amosa unha planificación orquestrada para estas publicacións, convocatorias ou concesións”.

 

Reprimendas

 

García lembrou que o destas dúas semanas “non é o único comportamento electoralista irregular”, e lembraron as “reprimendas” da Xunta electoral ao PP e á Xunta por saltarse a Lei Electoral, xa que mesmo onte estimaban outra denuncia do PSdeG sobre a utilización das institucións da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol con fins partidistas. Sinalaron tamén ao “uso partidista” da CRTVG, que está a alcanzar “cotas nunca vistas”.

 

A responsable socialista advertiron que “o PP intenta colonizar e patrimonializar as institucións públicas, e o seu nerviosismo nestes días fai que empreguen todo tipo de artimañas irregulares”.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores