Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Solicitan a paralización dos vertidos da mina de Touro pola apertura de dilixencias no Xuzgado

Información
23 Octubre 2023 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 2445 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

6d3b7f18 0395 44c5 945c 007552199f53 16 9 aspect ratio default 0Ecoloxistas en Acción levou ante a xustiza os continuos vertidos procedentes da mina de Touro que verten no río Pucheiras o que ocasionou que se abriran dilixencias no Xuzgado número 1 de Arzúa contra a propietaria dos terreos da mina por delito contra o medioambiente e os recursos naturais.

Agora, ante a petición que Explotaciones Gallegas realiza a Augas de Galicia para que lle autoricen verteduras das augas da balsa de lodos mineiros do Vieiro ao río Pucheiras, Ecoloxistas en Acción solicitou a Augas de Galicia que se paralice o trámite do expediente de autorización mentres non conclúa o procedemento penal no que instrúe a causa por delito ambiental.

A organización ecoloxista alerta que a autorización destes vertidos sería legalizar unha vertedura de perto de 1.400 millóns de litros de drenaxes ácedas de mina supostamente tratadas (case 1.440.000.000 litros/ano de media) ao rego Pucheiras, no sistema fluvial do Ulla-Deza. Lembran que o rio Pucheiras é tributario do río Brandelos, o cal desemboca no río Ulla onde xa forma parte da Rede Natura 2000, apenas 4 kilómetros augas abaixo. Detrás petición o que  se esconde é a escusa para poder presentar un novo proxecto mineiro, que conte coa autorización de augas para verter augas dunha depuradora dos seus usos industriais, un proxecto que debería tramitarse no marco dun plan de restauración integral da zona. 

Ao mesmo tempo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de fallar a favor de Ecoloxistas en Acción ante a pretensión da empresa mineira Cobre San Rafael de negarlle o acceso ao expediente completo do proxecto de drenaxe á organización ecoloxista.

O proceso iniciado no 2020 tivo agora, resolución desestimando o recurso contencioso-administrativo contra o acceso a documentación do expediente interposto pola mercantil Cobre San Rafael que é condenada a pagar as costas, por segunda vez neste ano, polo intento de impedir o acceso á información solicitada por Ecoloxistas en Acción.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal