Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras, deputadas provinciais e candidatas ás eleccións locais para reafirmar a idea de que os concellos liderados polo BNG son “concellos aliados das mulleres” que levan a igualdade no seu ADN político e así o demostran nos gobernos municipais.

A portavoz nacional, Ana Pontón, definiu a cita electoral do 28 de abril como unha oportunidade para que Galiza volva recuperar voz propia no Congreso despois de que esta lexislatura demostrase a inutilidade das forzas estatais, que non fixeron máis que afondar a discriminación e  a irrelevancia política deste país.

Foto, en campaña electoral haciendo falsas promesas a los desfavorecidos.-

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anuciar que a central sindical non acurdirá á reunión convocada polo Goberno Galego para o vindeiro luns día 18 de febreiro, ás 17:30 horas. “Non se dan as condicións precisas”, asegurou, “como tampouco existen actuacións por parte deste Goberno que xeren un contexto de interlocución con credibilidade e confianza para afrontar a difícil situación que vivimos en Galiza”.

O buque foi abordado pola forzas de seguridade portuguesas a unhas 150 millas da costa lusa, sendo traslado a continuación ao porto de Setubal (Portugal), onde esperaba unha comisión de axentes españois encargados da investigación

 A operación é froito do intercambio de información entre as forzas de seguridade españolas e distintas axencias antidroga, coa inestimable cooperación das autoridades portuguesas

 A operación "INTRABORDA NOVA", desenvolvida conjuntamente pola Garda Civil, Policía Nacional e a Axencia Tributaria, permitiu desarticular unha organización criminal dedicada á introdución de cocaína en España desde Sudamérica por vía marítima utilizando cargueros transoceánicos.

Debido á solicitude de varias persoas socias da entidade reúnese a directiva de Plademar de maneira extraordinaria o luns 11 de febreiro de 2019.

Os/as socios/as explícannos que debido ao redondeo que se aplica na Confraría ao pesar o produto extraído non se paga todo o que se colleita nos bancos, problema que agora se agrava porque hai poucos bivalvos de calibres grandes e ademais os cupos encóntranse reducidos á súa mínima expresión, (3kg por persona), chegando a darse casos nos que só se lle paga ao mariscador/a o 25% do colleitado quedando o 75% restante como demasía.

Información
Galicia

Un goberno para Aranga: o cambio necesario

Información
14 Febrero 2019 87 votos

ARUME 9109A municipal é sen dúbida a mellor versión da política, porque permite unha xestión directa e participativa dos asuntos públicos. Desde o Concello temos a opción real de transformar e mellorar a vida de veciños e veciñas, ás mais das veces con moi poucos recursos. O BNG quere gobernar Aranga porque aspira a poñer en valor os seus recursos e colocar as institucións ao servizo da cidadanía, construíndo entre todas e todos un goberno da xente para a xente. Parece sinxelo, non?

Pois é sinxelo. O caso dos recursos enerxéticos é exemplar a este respecto. En Muras, os beneficios da produción eléctrica puxéronse ao servizo da poboación, para garantir un dereito fundamental como é a luz nos fogares. Estou convencido de que é unha boa idea e que pode funcionar perfectamente en Aranga: sen chegar aos números de Muras, en Aranga a produción de enerxía renovábel é de 178.135.000 Kwh ao ano, repartidos en tres saltos de auga, un punto de xeración de enerxía con biomasa e tres parques eólicos, que teñen previsto aumentar a potencia instalada. Este incremento, que vai supor maiores beneficios ás empresas que os explotan, xustifica perfectamente unha suba do aluguer dos terreos que ocupan e por tanto maiores ingresos para o Concello. É fundamental, pois, xestionar ben esa produción enerxética para garantir un mínimo nivel de vida e de benestar á nosa veciñanza, especialmente á terceira idade, que constitúe ademais o sector maioritario da nosa poboación.

A portavoz nacional, Ana Pontón, lamenta que á esquerda española se deixe “marcar o campo de xogo” pola dereita e atribúe o previsible adianto electoral de Pedro Sánchez a un mero cálculo electoralista, que usa a non aprobación dos orzamentos como escusa “para buscar un culpable a quen responsabilizar”.

Neste sentido, lembrou que o ex-presidente Mariano Raxoi “gobernou durante tres anos cos orzamentos prorrogados”.

O sector de Autonómica da federación de Administración da CIG denuncia que a Xunta e os sindicatos CSIF, CCOO e UGT pretenden limitar o dereito ao voto dos funcionarios/as de Ourense, xa que ao non preverse meses fixas nin itinerantes en varias localidades da provincia máis de 1400 traballadores/as públicos terán que desprazarse para poder escoller os seus representantes.

Youtubeir@s para promover o uso do galego na rede" src="https://www.dacoruna.gal/files/cache/f3de84d1c2c007609a835596c44a38bb_f25080.JPG">

Martiño Noriega Alcalde de Santiago se niega a dar explicaciones de sus personales “cuchipandas” a los medios de comunicación y contribuyentes

A vicepresidenta da Deputación e deputada de Normalización Lingüística e Cultura, Goretti Sanmartín, participou na presentación en Santiago de Compostela dunha nova edición do proxecto Youtubeir@s que desta volta ten como lema 'Conéctate á comunidade e multiplícate!'.

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...