Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

O Concello de Carballo non entende que unha entidade como a Asociación Estatal de Directores y Gerentes de Servicios Sociales, que se autodefine coma un "foro profesional, libre, igualitario y comprometido", frivolice coas necesidades dos colectivos sociais aos que di defender. A acción social que desenvolve calquera entidade ou institución non pode basearse exclusivamente en criterios económicos, e moito menos cando eses criterios nin sequera se axustan á realidade.

A Asociación Estatal de Directores y Gerentes de Servicios Sociales fíxase unicamente nunha área do orzamento: grupo 23 de Servizos sociais e promoción social, que no ano 2015, ao que se refiren, acadou 972.345,15 euros (31,07 € por habitante) e que no 2017 aumenta ata 1.656.592,66 € (52,94 €), sen ter en conta que existen dentro do orzamento municipal contías económicas que si se corresponden con ese tipo de gasto, porque os criterios que serven para un concello poden non servir para outro.

Mentres outros concellos analizados inclúen no grupo 23, por exemplo, os gastos de seguridade social do persoal de Servizos Sociais, ou as becas para estudantes, en Carballo estas partidas figuran noutras áreas que nin sequera entran a analizar, a pesares de contar o noso concello cun elevado número de persoas que prestan o servizo de axuda no fogar ou mesmo a totalidade de persoal que atende aos máis de douscentos usuarios nas dependencias de servizos sociais, o mesmo que sucede cos gastos de mantemento das instalacións ou coa Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD). Ou é que a UAD ou as becas para o estudio non son gasto social?

Se computamos a totalidade do gasto social, o Concello de Carballo investirá este ano 2.207.185,44 euros, é dicir, 70,5 € por habitante, moi por riba da mediana dos 60,15 € que consideran válida dende a citada asociación estatal. Pero a nós o que nos interesa non son os números que se poden ocultar, senón seguir prestando servizos de calidade a quen máis os precisa: servizo de axuda no fogar, axudas de emerxencia social, escolas infantís, programa Xantar na Casa, Vacacións en Paz, campamentos, Fondo Galego de Cooperación, albergue para transeúntes, axudas técnicas... e todo iso financiado na súa maior parte con fondos municipais.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...