Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Patricia VilánA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, censurou hoxe a xestión “irresponsable e insolidaria” da política medioambiental do goberno galego. A deputada socialista presentará unha interpelación sobre as eivas da política de Feijóo nun departamento que xa viu a un conselleiro e dúas conselleiras en catro anos, dende a “macroconsellería” de Hernández aos “cachos” que asumiu Beatriz Mato.

Unha conselleira que, ironizou, viviu o seu momento de “revelación” sobre o medio ambiente na súa recente viaxe ao Cumio do Cambio Climático, en París no pasado mes de decembro. Ata a súa chegada a dito cumio as políticas de medio ambiente do goberno galego reducíronse en 176 millóns de euros ao ano dende 2009 ata un 2015 no que, malia o escaso do orzamento, permitíronse deixar a metade sen executar.

Para este ano 2016 o goberno galego, sinalou, volveu a reducir o orzamento destinado á política medioambiental nun 17 por cento. Acusou ao goberno galego de facer unha xestión que “non é responsable na xestión dos recursos naturais, que demostra ter as luces moi cortas, non mira cara adiante, non é solidaria e renuncia a deixarlle ás xeracións futuras un dereito ao medio ambiente decente”.

Vilán repasou as diferentes facetas da política medioambiental da Xunta de Galicia que, dixo, “ten que facer moito máis que viaxar a París” para reverter a acción dun goberno sen Plan de Cambio Climático, unha materia á non destina nin un só euro. Galicia, dixo, mantén unhas emisións de gases contaminantes que en 2011 estaba 18 puntos por enriba do seu límite e demostra unha “grande vulnerabilidade diante dos procesos de desertización”.

Biodiversidade

A deputada socialista alertou da escasa atención á biodiversidade para un goberno que a día de hoxe non foi quén de artellar un Plan de Xestión do Lobo ou a recuperación do oso, e a Rede Natura non sumou un só metro cadrado novo dende a chegada de Feijóo. Advertiu do fracaso na política de prevención e extinción de incendios, un dos principais responsables da desertización, que dependen exclusivamente do clima.

O resumo da política medioambiental en materia de biodiversidade, dixo, está na mina de Corcoesto, “hoxe nos tribunais”, así como a protección do litoral, dos acuíferos e do medio mariño resúmense na concesión da prórroga a Ence por 60 anos. A dita prórroga, engadiu, ven acompañada do “insulto” que supón encargarlle á pasteira a construción da depuradora de Os Praceres.

Sinalou que o goberno galego continúa sen actualizar o Plan de Residuos, un documento e unha política “obsoletos” que volven perder 10 millóns de euros nos últimos orzamentos para permitirse o luxo de que o presidente de Sogama “nos insulte anunciando que dedica o 1,9 por cento do orzamento a campañas para a concienciación da reciclaxe”.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...