Información
Galicia

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia segue a suspender na planificación e prevención de lumes

Información
01 Agosto 2018 828 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

“A Xunta pretende incrementar a carga horaria dos axentes forestais (ata 12 horas de traballo) e recortar os seus dereitos, cando hai que facer xusto o contrario”, sinala Guillermo Crego.

 El siguiente artículo relata las tramas y el "sucio negocio de los incendios forestales en Galicia" orquestada por Mar sanchez Sierra aseosra personal de Feijóo....(+)

Compostela, 01 de agosto de 2018. Esquerda Unida demanda un ano máis a implicación da Xunta de Galicia en labores precisas e efectivas de extinción de lumes, así como a prevención dos mesmos, tendo moi presente a vaga de lumes do pasado ano.

Se ben o Goberno galego aprobou fai tres meses o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), este documento deixa ver que “o dispositivo” que prepara o Goberno Galego será moi similar ao de 2017 e o persoal contratado será exactamente o mesmo.

Segundo explica Guillermo Crego, responsable de Estratexias para o Conflito de Esquerda Unida, “os montes arden por múltiples motivos, pero algúns poden evitarse. Entre estes, destaca especialmente a ineficacia da Xunta de Galicia, que inverte o groso de partida orzamentaria, ano tras ano, en medidas de extinción, en vez de gastalo en medidas de prevención”. Neste punto tamén fai fincapé o  informe de Greenpeace “https://es.greenpeace.org/es/wp-content/uploads/sites/3/2018/06/Protege_el_bosque_LR.pdf" Protexe o bosque, protexe a túa casa”, onde Galicia suspende en “planificación” e “prevención” de lumes, aínda sendo unha comunidade asolagada por incendios forestais.

Outro dos problemas graves é a precariedade que sofre o sector, “este déficit de recursos implica termos medios técnicos limitados e insuficientes das unidades de acción directa contra o lume”, sinala Guillermo Crego. Rematar coa precariedade no sector e establecer un modelo público e único é fundamental na prevención dos lumes. Non entanto, “en vez de aumentar o cadro de persoal brigadista, a Xunta pretende incrementar a carga horaria (ata 12 horas de traballo) e recortar os seus dereitos, cando hai que facer xusto o contrario: mellorar as precarias condicións de traballo e aumentar o persoal”. Precisamente, por esta situación de precariedade laboral que están a vivir os axentes forestais, adscritos á Consellería de Medio Rural, seguen en folga a día de hoxe, aínda que sinalaron que non deixarán de cubrir os servizos mínimos para afrontar a vaga de calor cun 100% de efectivos.

Dende Esquerda Unida vemos preciso transformar as actuais políticas de protección do territorio, de prevención e extinción de lumes, para avanzarmos cara a unha política pública de prevención, protección e conservación do monte galego integral e global, como parte fundamental do noso territorio.

Por último, dende Esquerda Unida denunciamos de novo a errática política do PP en materia de lumes e vemos imprescindible traballar nunha Estratexia Integrada da Loita contra o Lume, que abranga nun Plan máis completo e baseado en máis prevención, políticas de xestión que eviten o abandono do monte e dispositivos máis amplos para evitar que se produzan lumes de gran envergadura, así como impulsar medidas de política forestal e progresiva redución de especies pirófitas como os eucaliptos, de protección do noso territorio e conservación do monte galego, en serio perigo por intereses económicos.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...