Información
Galicia

Co diñeiro de todas as veciñas e veciños de Ourense estanse pagando traballos que non existen nas zonas verdes

Información
10 Agosto 2018 2001 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Co diñeiro de todas as veciñas e veciños de Ourense estanse pagando traballos que non existen nas zonas verdes, agora haberá que pagar sancións pola falta de cumprimento coa norma, e logo virá Seaga a facelo, pasando tamén por caixa”. Así avaliaba esta mañá Ourense en Común o estado de “total abandono” de numerosos solares de titularidade municipal, logo de coñecerse o convenio asinado onte entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para que Seaga faga os traballos de desbroce pendentes nos concellos.

    Se a Xunta esixiu que os propietarios de fincas procederan a limpalas antes do 31 de maio, “os concellos non son unha excepción, explica Montserrat Valencia, edil de OUeC, que denuncia un incumprimento “clamoroso e reiterado” nos últimos anos no Concello de Ourense, e unha “irresponsabilidade deste goberno que pode saír moi cara, non só pola vulneración da norma, senon por supoñer unha ameaza para a vida de persoas e animais que habitan preto destas fincas sin limpar”.

 

    A concelleira expón que a prevención dos lumes forestais é “un dos grandes retos das administracións públicas, e empeza polo cumprimento das normativas, polo que “cando o goberno non cumpre cos traballos que lle corresponden, mantén á cidade sen Plan Municipal de Emerxencias, ou precariza o corpo de bombeiros, amosa unha inconsciencia manifesta e insolidaria que está poñendo en grave risco a Ourense”.

    O grupo apela ás veciñas e veciños a denunciar formalmente perante as institucións a “situación de desamparoque vive Ourense. “Todas somos corresponsables á hora de detectar e notificar deste desleixo, para solventar á maior brevidade posible esta ineptitude municipal”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...