Información
Galicia

GONZALO CABALLERO DENUNCIA AS “PURGAS” QUE ESTÁ LEVANDO A CABO FEIJÓO NA TVG E URXE “PLURALISMO INFORMATIVO E INDEPENDENCIA” NOS MEDIOS PÚBLICOS GALEGOS

Información
08 Septiembre 2018 2164 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

2DSC 5178O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe na manifestación a prol da dignidade dos medios públicos que tivo lugar en Compostela; un foro no que denunciou as “purgas” que está levando a cabo Feijóo contra o persoal da TVG.

A xeito de exemplo, referiu que “se está poñendo en tela de xuízo o dereito ao traballo dunha presentadora por conducir unha gala contra o cancro”. “Feijóo ten que rectificar”, remarcou o líder dos socialistas galegos, para amosar “todo o apoio” do PSdeG a quen “están sufrindo as purgas” do PP.

 

En paralelo, o máximo representante do PSdeG recordou que “a Televisión de Galicia é a televisión de todos e todas”, de xeito que apelou á cidadanía para reclamar “pluralismo informativo e independencia” nos medios públicos galegos. “Temos que reaccionar ante un ataque á liberdade de expresión”, defendeu.

http://www.xornalgalicia.com/7110-xornal-galicia-presenta-denuncia-en-la-comisaria-de-policia-contra-maria-del-mar-sanchez-sierra-secretaria-de-medios-y-asesora-de-feijoo-por-el-uso-de-fondos-publicos-para-financiar-plagios-y-derechos-intelectuales-de-medios-de-comunicacion.html

Dende o convencemento de que se trata “dunha causa de país”, Gonzalo Caballero urxiu “liberdade e pluralismo” para os medios públicos, e instou a Pablo Casado a “chamar á orde” a Feijóo. “O PP non pode falar de liberdade con Feijóo buscando escusas falaces para purgar a traballadores por razóns ideolóxicas”, sentenciou.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...