Información
Galicia

Baltar "invade as competencias de Ánxeles Vázquez Conselleira de Medio Rural Ánxeles Vázquez " impulsando un Observatorio do Rural para estudar mercados, competitividade e emprego no agro ourensán.

Información
12 Septiembre 2018 210 votos

  • Manuel Baltar dixo no na súa visita ao colexio de enxeñeiros técnicos agrícolas de Ourense que a posta en valor do rural ourensán "pasa pola colaboración público, privada e académica, explorando as fortalezas e potencialidades que o sector primario ten na nosa provincia, unha das máis importantes en ámbitos como agroindustria, viño ou forestal".
  •  
  • O presidente da Deputación expresou "a disposición de máxima colaboración" por parte da institución provincial co colexio de enxeñeiros agrícolas de Ourense "para desenvolver conxuntamente actividades e proxectos baseados en políticas innovadoras que supoñan un paso adiante para o agro na provincia de Ourense".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, anunciou hoxe que o goberno provincial impulsará un "Observatorio do Rural", plataforma que terá como obxectivo analizar mercados, competitividade, perspectiva de emprego e proxectos de innovación para o agro ourensán, para o cal expresou "a disposición de máxima colaboración" por parte da institución provincial co colexio oficial de enxeñeiros agrícolas de Ourense coa finalidade de "desenvolver conxuntamente iniciativas baseadas en políticas innovadoras que supoñan un paso adiante para o agro na provincia de Ourense".

Así o dixo hoxe o titular do goberno provincial na visita que realizou ás dependencias do colexio provincial de enxeñeiros técnicos agrícolas de Ourense, onde foi recibido polo presidente e o secretario desta entidade profesional, Manuel Rojo e Miguel Ángel Viso, e por membros da xunta de goberno.

Baltar, quen analizou cos enxeñeiros a situación actual deste colectivo de técnicos agrícolas na provincia de Ourense —integrado por máis de 300 profesionais—, afirmou que a posta en valor do rural ourensán "pasa pola colaboración público, privada e académica, explorando as fortalezas e potencialidades que o sector primario ten na nosa provincia, unha das máis importantes en ámbitos como agroindustria, viño ou forestal".

Os enxeñeiros agrícolas expuxeron a Manuel Baltar a necesidade de contar cun maior apoio por parte da administración local para que técnicos que viven no rural poidan desenvolver proxectos no seu ámbito de actuación, e destacaron a importancia de dar máis visibilidade á profesión dos enxeñeiros agrícolas. O presidente do ente colexial agradeceu á Deputación de Ourense "o apoio que vén prestándonos ao contar con nós no marco do proxecto EmpregOU" e dixo que noso compromiso "é co rural da provincia de Ourense, para seguir apostando por el e pola súa competitividade", expresou Manuel Rojo.

Neste sentido, Manuel Baltar remarcou que a Deputación de Ourense "seguirá mantendo aberta unha liña de colaboración con este colexio profesional para a organización de actividades e para o seu funcionamento, e tamén para colaborar con ámbitos de grande competitiidade no sector agroindustrial da nosa provincia como poden ser as economías que xiran ao redor das denominacións de orixe vitivinícolas ou o ámbito agrario da comarca da Limia, traballando conxuntamente co campus de Ourense, que conta con titulacións específicas que van nesa dirección".

Baltar tamén apuntou a posibilidade de colaboración "para organizar en Ourense e desde Ourense un gran congreso do rural, que teña continuidade no tempo, para poñer en valor toda a singularidade do noso medio rural, que está chamado a ter un gran protagonismo como revulsivo económico e dinamizador".



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi