Información
Xunta de Galicia

Piden a Mar Sanchez Sierra e Feijóo que retiren da CRTVG Land Rover ao eide que se depuren responsabilidades por afirmarse que “é mellor ver Land Rover ca pegarlle a unha vella”

Información
12 Septiembre 2018 1297 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG non pode por menos de expresar o seu asombro e indignación pola autopromoción de “Land Rover”, na que o seu presentador, Roberto Vilar, anuncia a volta do programa á pantalla da TVG o próximo xoves e, en chave humorística, tenta convencer á audiencia de “ser mellor ver ‘Land Rover’ que pegar a unha vella”

 

A través do humor, por tanto, presupón que se pode bater nas vellas, desvirtuando e minimizando a gravidade das actitudes de violencia machista. Con semellante comparación o mesmo programa situase nun nível tan ínfimo, que o fai impropio dunha canle pública como a CRTVG, cuxa actividade debe inspirarse nos princípios do respecto á dignidade humana, a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia, entre outros.

En consecuencia, a CIG esixelle ao Directo Xeral da CRTVG, a quen vén de dirixir este escrito que, como máximo responsábel da CRTVG, “actúe coa maior contundencia e ordene a inmediata retirada da emisión desa despreciábel autopromoción, para alén de depurar as responsabilidades que correspondan”.

lineaazul 1600

O Polígono Industrial de Bértoa acolle o domingo 17 de febreiro,...

O Executivo Provincial achega preto de 6.000 euros para promover...

El Instituto Cervantes celebrará el próximo lunes, 18 de febrero...

Encontro feminista de alcaldesas, tenentes de Alcaldía, concelleiras,...