Información
Galicia

Os recortes do PPdeG na Xunta dificultan e complicanlle a vida nos recoñecementos médicos aos mariñeiros da ría de Pontevedra

Información
12 Septiembre 2018 226 votos

Os mariñeiros da ría Pontevedra acusan á Xunta de xerarlles grandes prexuízos tras os recortes de persoal na Casa do Mar da cidade do Lérez, que supoñen a práctica imposibilidade de pediren cita previa para as inspeccións médicas obrigatorias previas ao embarque. Segundo sinalan, esta situación prolóngase desde hai meses, obrigándoos a acudir a Vigo, onde as listas de espera demoran até mes e medio.

 

Desde a CIG-Mar indican que esta situación imposibilita unha mínima planificación aos traballadores/as do mar, xa que con anterioridade podían pedir cita de acordo cos tempos de embarque e situación laboral concreta. 

Se a situación non se revirte poderían derivar en problemas sanitarios para o persoal embarcado

 Porén, dun tempo a esta parte, élles practicamente imposíbel lograr que os atendan por teléfono na Casa do Mar para pedir cita previa, obrigándoos a acudir fisicamente, cousa que moitas veces é imposíbel. Optan, en moitos casos, por chamar á sede de Vigo, contribuíndo a colapsar un servizo que nesta cidade conta con listas de espera de até mes e medio.

Esta situación, que para a CIG-Mar é consecuencia dos recortes da Xunta, está a xerar enormes prexuízos tanto para os mariñeiros como para as pequenas empresas do sector, xa que os recoñecementos médicos son un requisito obrigatorio previo ao embarque.

Se a situación non se revirte poderían mesmo derivar en problemas sanitarios para o persoal embarcado, ao non detectarse posíbeis afeccións en tempo en forma. Por iso, non dubidan en afirmar que a Xunta, coa súa política de recortes, “está a xogar coa saúde dos mariñeiros de Pontevedra, Marín e Combarro”.



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi