Información
Galicia

Aproban no Pleno a rebaixa impositiva do IBI co único voto en contra e oposición frontal do PPdeG (Feijoo)

Información
12 Octubre 2018 79 votos

Durante a sesión, tanto o alcalde como a voceira socialista agradeceron a labor construtiva dos grupos de esquerdas e o talante dialogante amosado durante todo o proceso de negociación levado a cabo para consensuar a proposta definitiva da rebaixa fiscal do IBI. Varela e García congratuláronse deste fronte común “necesario para buscar o mellor para o conxunto da cidadanía e para continuar contrarrestando os efectos do catastrazo”. Froito desta negociación, o goberno local modificou en dúas ocasións a súa proposta inicial de rebaixa, na procura de obter o maior respaldo á mesma. Pola contra, García Sanmartín lamentou o voto en contra do PP ao considerar que a rebaixa era insuficiente. A voceira socialista pediu “coherencia e memoria” aos populares, “sobre todo tendo en conta que durante o seu mandato subiron o coeficiente do IBI do 0,42 ao 0,60 e, no peor momento da crise económica e sen ter en conta a situación dos vilagarciáns, pediron a revisión catastral que é a que dende o ano 2013 e ata o 2023 nos está encarecendo o recibido da contribución dunha forma sangrante”, apuntou a voceira socialista, Tania García.


A Corporación aprobou por unanimidade as bonificacións nos recibos do IAE, IBI e ICIO ás que poderán acollerse as empresas e autónomos que acrediten a creación de novos empregos. Neste punto recolleuse a proposta de EU de valorar a estabilidade dese emprego.

Outra das propostas abordada no Pleno foi a ampliación da bonificación do imposto de circulación e tracción mecánica a vehículos non contaminantes segundo a cal, o desconto do 50% do que se viñan beneficiando ata o de agora os vehículos híbridos durante 2 anos, amplía o seu prazo de aplicación ata os 5 anos. Ademais, os vehículos eléctricos terán unha dedución do 75% do imposto, tamén por un prazo de 5 anos. A medida contou co voto a favor de todos os grupos excepto o PP que se abstivo.



O resto das taxas municipais mantéñense conxeladas para o ano 2019, coa excepción da de auga e depuración que, por obriga contractual, debe actualizarse en función á evolución do IPC, que no último ano incrementouse nun 2,2%. Este punto aprobouse coas abstencións de Somos, o edil non adscrito e EU.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi