Información
Galicia

O Grupo Norte aproveita os cotratos públicos para implantar a discriminación laboral nas instalacións da Xuinta ante un Feijóo "desaparecido"

Información
12 Octubre 2018 111 votos

 Persoal da empresa concesionaria do servizo de limpeza da Xunta, Grupo Norte, trasladou este xoves as súas reivindicacións até as portas do Parlamento de Galiza en demanda da igualdade retributiva, dada a brecha salarial existente por mor do non recoñecemento da categoría profesional de peón especialista a ningunha das traballadoras.

 

Dende o pasado pasado mes de maio, as traballadoras estanse mobilizando cada semana para denunciar a discriminación salarial que sofren por ser mulleres, mais até o momento a empresa segue sen recoñecerlles o dereito a promocionar á categoría de peón especialista, que si recoñece aos seus compañeiros.

Neste senso, critican o desinterese amosado pola Xunta de Galiza  diante desta discriminación, cando a administración galega debería ser a primeira interesada en dar exemplo obrigando a Grupo Norte a eliminar calquera clase de discriminación por razón de xénero.

A empresa teima en non recoñecer o dereito

Desde que comezaron as mobilizacións celebráronse 3 xuntanzas coa empresa que, en ningún momento, asumiu o recoñecemento do dereito das traballadoras a acceder á categoría profesional subsanando a desigualdade que se arrastra desde hai anos.

A última proposta que se trasladou ao Grupo Norte, a principios do mes de xullo, contemplaba o recoñecemento inmediato desa categoría profesional para todas as traballadoras con máis de dous trienios de antigüidade, ou como mínimo con esta, de igual maneira que se viu facendo cos traballadores que entraban coa categoría de limpadores.

Canto ao aspecto económico, e para facilitar os termos do acordo, a proposta incluía o establecemento de tramos para abonar a diferenza salarial entre ambas as dúas categorías de cara a acadar o 100% de igualdade salarial a partir do 1 de marzo de 2021.

Porén, malia as facilidades que se puxeron enriba da mesa para ir reducindo as desigualdades salariais e acabar así coa discriminación da que son obxecto as traballadoras, a empresa segue sen recoñecerlles ese dereito.

Nova concentración do día 18

Así as cousas, as traballadoras dos servizos de limpeza continuarán coas mobilizacións e o vindeiro xoves, 18 de outubro, volverán concentrarse diante do edificio administrativo de San Caetano para demandar a intervención do Goberno galego e esixir a Grupo Norte a eliminación inmediata desta discriminación.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi