Información
Galicia

Anuncia unha campaña de denuncia das condicións laborais en Inditex baseado na precariedade laboral, non só en países subdesenvolvidos, tamén aquí

Información
23 Noviembre 2018 349 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Servizos, maioritaria nas catro provincias galegas na empresa, anunciou esta mañá a posta en marcha dunha campaña de denuncia das condicións laborais das traballadoras de INDITEX. A primeira acción desa campaña desenvolveuse hoxe mesmo, co reparto, en centros comerciais e tendas de todas as cadeas, dun folleto informativo no que se dá conta dos abusos que sofre o persoal nunha xornada como a do Venres Negro. A seguinte está prevista en Arteixo, o vindeiro día 5 de decembro, onde se concentrarán diante das instalacións da multinacional.

A CIG-Servizos denuncia o exceso de traballo que, segundo explicou a secretaria nacional da federación, Transi Fernández, provoca que “en todas as cadeas as compañeiras estean absolutamente esgotadas, que teñamos os almacéns ateigados de roupa para vender, que teñamos que colocala nas tendas cando veñen os camións…” Unha sobrecarga que, ao seu entender, só se soluciona contratando máis persoal.

Por iso a CIG-Servizos se puxo en contacto coas direccións das diferentes cadeas para expresarlles a necesidade de que se garantan unhas condicións de saúde dignas. Porén, “non consideran que haxa ese exceso de traballo e, polo tanto, que teñan que contratar”, asegurou Fernández.

Venres Negro

A sobrecarga de traballo tradúcese tamén en cambios de horarios, máis en xornadas como a de hoxe: o Venres Negro. A este respecto a secretaria nacional sinalou que “hoxe Inditex ten unhas vendas superiores a calquera día de rebaixas. Iso significa que tamén é o día no que máis se traballa e ese traballo é a costa das nosas compañeiras/os que están nos diferentes centros tendo que descargar, colocar, dobrar… e ao final non están facendo o traballo que terían que facer, como vendedoras, e o de cobrar as caixeiras”.

Para a CIG-Servizos os horarios impostos “son absolutamente indignos” e vulneran a lei de conciliación da vida laboral e familiar. “No día de hoxe van traballar moitas máis horas porque, sobre todo nos centros comerciais, se abre moito máis alá do horario de peche”. Isto é unha modificación substancial de condicións de traballo, que está recollida na lei no artigo 41 e hai uns prazos establecidos para facer esa modificación. Porén “aquí pasan e xa lles din que tal día hai o Black Friday e que teñen que traballar máis”, denunciou Fernández.

Ademais, para esta data hai algunha cadea que fai a montaxe de Black Friday dun día para outro, exactamente igual que nun día de rebaixas  e o seguinte día, que é o sábado, o desmonta co mesmo persoal, sen gastar unha soa hora de contratación.

A CIG-Servizos entende tamén que non pode ser responsabilidade das dependentas facer os pedidos de venda online. Ante isto propoñen que Inditex instale naves dedicadas exclusivamente a esa modalidade de venda, porque a situación actual provoca que se sobrecargue tamén ás empregadas cun traballo a maiores do que xa teñen que facer.

Caixas de autocobro

A solución que atopou Inditex para non aumentar os cadros de persoal foi a de instalar caixas de autocobro que se publicitan como caixas de cobro rápido e que son, en realidade, caixas nas que a clientela ten que facer todo o traballo: autodesalarmar, autodobrar, autoembolsar e autocobrar. “Só falta que un día lles dean as clientas unha agulla e fío para que se autoconfeccionen a súa propia prenda”, ironizou Carmiña Naveiro, secretaria de Organización da CIG-Servizos e traballadora de Zara.

Conciliación

Na rolda de prensa tamén denunciaron que, malia INDITEX vender que é unha empresa que facilita a conciliación, “non é certo”. A este respecto Naveiro explicou que a CIG se ve a cotío obrigada a interpoñer demandas no xulgado porque hai traballadoras ás que se lle denega o dereito á concreción horaria para poder facerse cargo dos seus fillos. “Aprovéitanse mesmo de que as traballadoras reducen horarios, perdendo cartos, para poñela a cubrir os ocos que quedan nas tendas. Non se pode permitir”.

A isto engadiu que moitas veces, para denegalas, alegan que as traballadoras da propia tenda que non teñen redución se van ver sobrecargadas e que este argumento se utiliza tamén para pór a unhas compañeiras en contra das outras.

Sobre esta cuestión Lucía Domínguez, delegada da CIG, denunciou que efectivamente hai un incremento da carga de traballo porque a empresa non cobre con máis persoal as horas que se reducen por conciliación a pesar de que a traballadora que a solicita si ve reducido o seu salario.

Plans de Igualdade

A secretaria nacional de CIG-Servizos denunciou tamén que para negociar os Plans de Igualdade Inditex, en lugar de celebrar as xuntanzas na súa sede social, na Coruña, as convoca en Madrid ou Barcelona. Isto provoca que as delegadas galegas estean en desigualdade de condicións ás doutras centrais sindicais porque “non poden ir acompañadas cunha asesora e unha técnica de igualdade, como van as outras”. Por iso exixiu de INDITEX que as negociacións sexan na sede social onde está ubicada a empresa, igual que fai Mercadona, que as convoca en Valencia.

Así as cousas, Fernández concluíu que “o éxito de INDITEX está baseado na precariedade das condicións laborais das traballadoras, non só dos países subdesenvolvidos, onde as condicións son infames, senón tamén aquí”. Lembrou que “só pedimos que contraten máis persoal, cos mesmos cartos que pagaron a catro grupos para a voda da filla”. Cartos que “saen das horas extra gratis que fixeron todos os cadros de persoal de todas as tendas de INDITEX durante anos”, asegurou o tamén delegado da CIG, Carlos Mesejo.

Sobre esta cuestión abondou Naveiro quen cualificou de “indignante” a “ostentación” que se viu na voda á que deron cobertura todos os medios de comunicación, cando “as traballadoras temos problemas máis graves. Pedimos cuestións tan básicas como que se eliminen os riscos que hai en seguridade e hixiene, pero estas cuestións non saen”.

Imagen de la noticia para explotación infantil zara brasil de Xataka

Lo que hay detrás de la multa a Zara por trabajo esclavo en Brasil y el ...

Xataka-1 jun. 2017
Ok, ¿entonces qué ha pasado exactamente, ha sido multada Zara y ... la esclavitud y la explotación infantil en Brasil https://t.co/1uiKaZC8mb ...
Imagen de la noticia para explotación infantil zara brasil de eldiario.es

Inditex paga 1,36 millones en Brasil tras una investigación por trabajo ...

eldiario.es-31 may. 2017
La multinacional española Zara deberá pagar 5 millones de reales ... el combate al trabajo análogo al de la esclavitud y al infantil, señaló el ...
 
Imagen de la noticia para explotación infantil zara brasil de Las2orillas

Si usted compra en Zara es cómplice de la esclavitud laboral

Las2orillas-20 dic. 2017
En realidad esos talleres “tercerizados”, sin Zara no existirían en el mundo ... Estas formas de explotación de trabajo forzado no son excepcionales. .... Esto acontece en Brasil, por ejemplo, en la cadena productiva del algodón. ... y Mato Grosso do Sul, se utiliza trabajo forzado o esclavo y trabajo infantil.

Zara niega acusaciones de trabajo infantil en Brasil tras ser ...

Vozpopuli-13 may. 2015
Una auditoría encargada por el Ministerio brasileño de Trabajo halla 433 irregularidades en las condiciones laborales que aplica el grupo de ...

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...