Información
Galicia

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á XUNTA DE MANTER “INTERVIDOS” OS MEDIOS PÚBLICOS DE COMUNICACIÓN

Información
05 Diciembre 2018 89 votos

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noela Blanco, acusou hoxe ao goberno galego de manter “intervidos” aos medios públicos de comunicación incumprindo a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual aprobada hai 7 anos. Así o dixo na sesión de control ao goberno na que preguntou pola situación do ente logo dos 29 “venres negros” convocados pola plantilla en protesta pola manipulación informativa.

 

Blanco denunciou o “castigo e amedrentamento” aos profesionais da CRTVG a través dos expedientes primeiro á presentadora Tati Moyano, que foi arquivado, e agora a Carlos Jiménez “polos mesmos motivos”.

reivindicou o cumprimento da Lei, que establece o nomeamento dun novo director xeral da CRTVG por maioría parlamentaria, ademais de impulsar o Estatuto Profesional, o Consello de Informativos e o primeiro contrato – programa. Criticou que teñan sumido ao ente nunha situación “excepcional” co comité de Empresa asumindo as funcións contra a manipulación informativa competencia do Consello de Informativos.

A portavoz socialista enumerou os principais artigos que está a incumprir o goberno galego, por canto vulneran as obrigas de produción propia –art. 5-, sobre a dirección xeral –art. 23-, o Consello Asesor –art. 27-, os contratos programa –art. 33-, ou o Estatuto Profesional e Consello de Informativos –art. 36-.

Tamén incumpren o dereito de acceso supervisado pola autoridade audiovisual –art. 39-, o control parlamentario sobre o contrato programa –art. 48-, a autoridade audiovisual –art. 49-, o prazo para a elección do director xeral –Disposición Transitoria 4ª-, ou o proxecto de Lei de Autoridade Audiovisual –Disposición Final 5ª-.

Canal Sur

Noela Blanco reclamoulle unha resposta ao Executivo pola proposta de Vox de suprimir Canal Sur, aos que cualificou como “os amigos do seu secretario xeral –Pablo Casado-, que lles invita a formar goberno en Andalucía logo dos parabéns que lles dedicaron Le Pen ou o ex líder do ku klux klan”. Sinalou que “queren pechar Canal Sur para montar –ironizou- Canal Ultrasur, que é o que están facendo” en Galicia.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....