Información
Galicia

NON AO DESMANTELAMENTO, NON A MANIPULACIÓN, NON A REPRESIÓN DOS MEDIOS DE COMUNCIACION BAIXO GOBERNO DO PPdeG

Información
10 Diciembre 2018 241 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Comité Intercentros da CRTVG convoca para o vindeiro día 19 de decembro unha concentración diante do Parlamento de Galicia ás 10 da mañá, dentro da xeira de mobilizacións que está a ter lugar na Corporación da Radio e Televisión públicas e que se celebra xunto a unha xornada de folga de 24 horas. A concentración, que coincide co debate dos orzamentos na Cámara galega, rematará as 12:00 cunha manifestación polas rúas de Compostela para facer visible á cidadanía os problemas que sofren os medios públicos galegos e facer partícipes a todas aquelas persoas que desexen prestar o seu apoio as reivindicación das traballadoras e traballadores da CRTVG. A manifestación sairá do Parlamento de Galicia, e percorrerá a rúa do Hórreo ata a Praza de Galicia, República do Salvador e Doutor Teixeiro para rematar da Praza Roxa.

Alí sobre as 13:30 horas terá lugar a lectura dun manifesto.

Baixo o lema “Non ao desmantelamento, non a manipulación, non a represión”, as traballadoras e traballadores da Corporación queren amosar o seu compromiso coa defensa do servizo público da Radio e Televisión de Galicia, e facer públicas as reivindicacións que levaron a convocatoria de mobilizacións que comezaron no mes de novembro, onde se reclama unha maior carga de traballo para a CRTVG co incremento da produción de programas e a recuperación de servizos como os directos dos informativos, que están en mans dunha empresa privada. Entre as demandas do persoal están garantir o emprego e rematar cos contratos mercantís e fraudulentos que aínda están a provocar litixios nos xulgados, eliminar a manipulación informativa partidista que se fai da CRTVG dende o goberno da Xunta e crear un Consello de Informativos que canalice as protestas profesionais dos e das xornalistas, ou poñer fin a represión que sofren moitas traballadoras e traballadores ao amosar as súas opinións libremente non coincidentes coa dirección da Corporación. Tamén se esixe a negociación efectiva dun Plan de Igualdade que ofreza as mulleres traballadoras da Radio e Televisión galegas un trato igualitario e as mesmas oportunidades laborais dentro do desenvolvemento da súa carreira profesional.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

COMITÉ INTERCENTROS DA CRTVG

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...

O evento, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de xaneiro,...

Día 16, 17 y 18 (continuación). P.A. 14/17. 9.30 horas. Estafa....

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

Sección primera.

Días,...