Información
Galicia

Das 130 explotacións de porco celta que hai na Comunidade, unhas 60 están en Lugo

Información
11 Diciembre 2018 347 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación custea os programas sanitarios das explotacións de porco celta da provincia  O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, visitaron este luns varias explotacións de porco celta, afincadas no Concello de Friol, para coñecer de primeira man o grao de satisfacción da nova colaboración que puxo en marcha o Executivo da Deputación cos produtores lucenses co obxectivo de impulsar e profesional este sector na provincia.

 

Campos Conde explicou que “decidimos custear todos os programas sanitarios, que teñen a obriga legal de cumprir as explotacións de porco celta, por exemplo as vacinacións, revisións veterinarias ou os simples análises de sangue, para poder comercializar estes produtos, que son de primeira calidade pola coidada crianza dos animais. Facémolo porque queremos axudar aos produtores da provincia, que representan o 45% dos existentes en toda Galicia, reducíndolles custes; porque queremos potenciar un sector que na actualidade xera en Lugo un volume de negocio de máis de 400.000 euros, que podería ser moi superior; ou porque queremos  contribuír á necesaria profesionalización deste sector que, aínda estar en auxe, hoxe en día segue a ser unha actividade económica complementaria para os criadores”.

“A produción de porco celta é unha actividade que desenvolven principalmente xente nova, sendo unha grande oportunidade laboral na nosa provincia coa que se fixa poboación e se mantén o rural, facendo fronte á sangría demográfica e tamén ao abandono do nosos montes, pois esta crianza libre supón a limpeza de espazos naturais necesaria ademais para previr incendios. Non hai mellor desbrozadora que o porco”.  

“Os produtores da nosa provincia son un exemplo en España. A excelencia do modelo de produción que desenvolven fixo das explotacións lucenses un escaparate para profesionais de todo o país, que visitan Lugo para coñecer de preto a crianza”, subliñou.

O Goberno da Deputación leva a cabo este amplo programa sanitario nas explotacións da provincia a través da Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta –ASPORCEL-, da que forman parte unhas 130 explotacións de Galicia, sendo de Lugo case 60. Para elo, o Presidente Provincial asinou unha 1ªcolaboración neste eido de 45.000 euros co Presidente de ASOPORCEL,  José Barrera Alonso. Estiveron presentes na sinatura os responsables de Zampacelta e Explotación CMVMC Carballo (membros deste colectivo), e o Director Técnico de ASOPORCEL, Iván Rodríguez Paz, ademais de Santos Ramos.    

Un sector en auxe


ASOPORCEL busca promover e dinamizar a produción do porco celta para comercializar os seus derivados. Traballan na profesionalización do sector en termos de calidade e de rendibilidade para os produtores co fin de que esta sexa a súa principal actividade laboral e económica. Fuxe da industrialización, pois minguaría a calidade, e impulsa un modelo de crianza dos animais natural e libre, que na provincia de Lugo é un referente en España. Requiren de colaboración para acadar estes obxectivos.

A produción de porco celta é un sector en auxe que, ademais de buscar a supervivencia desta especie en perigo de extinción, pode converterse nunha oportunidade única de emprego e de xeración de riqueza. En Galicia xera un volume de negocio superior a 1 millón de euros. Conta con máis de 130 explotacións que forman parte de ASOPORCEL. A oferta de produtos non cobre a demanda existente. Os animais que se sacrifican na comunidade galega oscilan entre as 1.500 e 2.000 cabezas de gando.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

La penúltima jornada de pruebas que se iba a celebrar en Baiona...

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

lineaazul 1600