Información
Galicia

Denuncian que a ría de Vigo non ten separación de augas fecais e pluviais, e as depuradoras non cumpren coa súa función responsbilidad da Conselleira do Mar, Sra Rosa Quintana

Información
09 Febrero 2019 173 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Con o comunicado "o BNG esta deixando entrever que o marisco da Ría de Vigo podría estar contaminado por augas fecais". La Xunta retrasa hasta 2015 el saneamiento integral de las rías..Falso (+)

Nun encontro con responsables municipais do BNG dos concellos de:  Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vigo, Pontesampaio, Vilaboa, Moaña e Cangas,  para abordar a  situación medio ambiental  da Ría de Vigo, ao que tamén asistiron a eurodeputada, Ana Miranda e o candidato á Alcaldía de Vigo, Xavier Pérez, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que a ría é unha importante  fonte de “riqueza económica, ambiental económica e histórica”, de aí,  dixo, a necesidade de salvagardar os “valores produtivos, sociais e turísticos”, cun saneamento integral.

 

As administracións son responsables de investir os  recursos necesarios para mellorar a calidade das augas e nese sentido, recalcou a nacionalista,  o BNG está a traballar nas institucións europeas para dotar de máis fondos  por  “unha ría sen vertidos”. Para nós,  “é unha prioridade política” e por iso,  no vindeiro pleno que comeza na Cámara galega o próximo martes día 12, o BNG defenderá unha iniciativa para que o estado invista nas nosas rías, porque, os orzamentos do estado “son unha labazada” na cara de todos os galegos e galegas. Reclamaremos a todas as forzas políticas o seu apoio no investimento para o saneamento e depuración da Ría de Vigo cun programa de separación de augas fecais e pluviais, e que as depuradoras cumpran coa súa función e non a contraria.

A Xunta, engadiu a líder do BNG, tamén é responsable.  En Galiza, explicou,  abonamos un canon de saneamento cuxos fondos  a Xunta utiliza de maneira partidista. Dende o BNG reclamaremos que a Xunta invista en saneamento e que no reparto dos fondos primen criterios “obxectivos, transparentes e sen caciquismo”. Finalmente, Pontón tamén avanzou que o BNG pedirá que os  recursos sexan investidos nos concellos que máis o precisan.

20 millones de euros por la grave contaminación que sufre la ría de Vigo, uno de los bancos marisqueros más importantes del mundo....(+)

ANA MIRANDA DEFENDERÁ EN EUROPA O SANEAMENTO INTEGRAL  DA RÍA DE VIGO

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda lembrou que, despois de cinco anos da visita dunha delegación de representantes do Parlamento europeo, a Comisión europea recoñece que “a Ría de Vigo non está saneada de maneira integral”. Miranda recalcou que o propio Partido socialista europeo, partido de Abel Caballero, apoiou a reapertura do informe.  “Non queremos multas”, remarcou a eurodeputada, queremos investimentos pero  nos atopamos que para o saneamento da ría, os orzamentos do estado destina cero euros.

No mes de marzo, o informe será reexaminado en Europa e dende o BNG aportaremos novos datos para influír no marco de negociación dos futuros orzamentos europeos.

Tanto Xavier Pérez como eu, dixo, Miranda “queremos a ría, somos vigueses  traballando por Vigo e non se nos pode acusar do contrario” e se mostrou convencida que a partir do mes de maio, “estaremos no concello de Vigo e no Parlamento europeo defendendo esta cidade e a súa ría”.

XAVIER PÉREZ: “A DEPURADORA É INSUFICIENTE”  

Pola súa parte, o candidato á Alcaldía de Vigo, Xavier Pérez Igrexas mostrouse moi crítico ante as declaracións de Abel Caballero e o Presidente da Autoridade Portuaria, López Veiga tentando negar as deficiencias no saneamento da Ría de Vigo. Pérez Igrexas denunciou “verteduras contaminadas” e lembrou que a pesar da nova depuradora cun investimento millonario os problemas non foron resoltos e en moitas ocasións se verten “augas sen tratar nin depurar ao mar”. Isto acontece, dixo porque a depuradora non absorbe a totalidade da auga cando chove ao non existir a separación de augas pluviais e fecais.

O candidato do BNG  pide outro modelo de xestión municipal para que non continúen as verteduras de augas sen  tratar,  “ 9 de cada 10”, no litoral do  Berbés, Areal e Bouzas, verteduras sobre as que a Autoridade portuaria ten responsabilidade. Peréz Igrexas pediu o compromiso do concello e  Estado  para poñer  en marcha un plano de investimento plurianual que  aborde a necesaria separación das augas pluviais da cidade, concluíu.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...