Información
Galicia

O PP quere unha aprobación do PXOM “ilegal, sen validez nin seguridade xurídica, co único fin de contentar aos especuladores”

Información
14 Marzo 2019 323 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O Partido Popular busca aprobar o PXOM “en solitario e con todos os informes en contra”.
•    “O afán especulador do PP pon en serio risco o urbanismo do Concello. Deixarán de novo o futuro da cidade cheo de incertidumes. Son os mesmos responsables de que Ourense teña hoxe un plan do 86, os mesmos cometendo as mesmas cacicadas”.
•    Cudeiro secuestra o debate plenario e prescinde dos informes da Secretaría e a Intervención municipal para aprobar o Plan “a porta pechada”.
 

[ESCOITAR AUDIO]            [DESCARGAR AUDIO]

Ourense, 14 de marzo 2019
   
    “Alarmante e de extrema gravidade”. Así cualificaba Ourense en Común as intencións do PP para o PXOM, logo de que o edil responsable de urbanismo fixera xa público o proceder que ten artellado para seguir o proceso de aprobación do Plan urbanístico sen pasar polo pleno e saltándose o informe do Interventor, que “estará rematado nuns días e estamos seguras de que sería igual de demoledor que o da secretaría municipal”.

    Martiño X. Vázquez, voceiro do grupo, denuncia ao Partido Popular pola “irresponsabilidade de cometer os mesmos erros, e abrir de novo as portas a que o documento sexa recurrido perante a xustiza, como xa aconteceu co de 2003, do propio Partido Popular”.

    O grupo apunta ao actual edil de Urbanismo, Jesús Cudeiro, que tamén o era co goberno de Manuel Cabezas como “o gran responsable de que Ourense teña a día de hoxe un plan do ano 1986” e engaden que “quere volver a facelo, quere devolver a xestión urbanística da cidade aos especuladores inmobiliarios. Tuneou o PXOM, introduciu centos de modificacións, con aumentos salvaxes no aproveitamento lucrativo do chan, e agora vai aprobalo facendo trampas,  de costas aos grupos da corporación, de costas á cidadanía e poñendo a Ourense nun futuro urbanístico incerto, inseguro, problemático e ilegal”.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600