Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

A Xunta de Galicia gobernada por o PP segue impasible ante a contaminación do esteiro do río Miñor

Información
21 Junio 2023 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 17038 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

exclusiva falsedadesambientalesgobiernodelppdegaliciaenlaxunta

  • Ecoloxistas en Acción Rías Baixas denuncia as continuas  verteduras no río Miñor que degradan o Esteiro da Foz, en San Pedro da Ramallosa.

  • A organización ecoloxista sinala que a pesar das múltiples denuncias da vecianza a situación non mellorou.

    VIDEO REPORTAXE: 

Ecoloxistas en Acción subliña que esta zona produtora de moluscos, e lugar de importancia comunitaria no marco da rede Natura 2000, atópase gravemente degradada debido á contaminación achegada principalmente polo río Miñor, con cargas fecais superiores ás normativas permitidas.

Xunta podría estar falsificando ou aportando informes ambientales (falsos) para favorecer a concesión de Ence mentres permiten a contaminación de ríos e rías a ducias galegos.+

Denuncian que o foco principal desta contaminacion é a deficiente estación depuradora (EDAR) de Gondomar, ademais doutras verteduras incontroladas ao longo do río. 

Esta EDAR recibe un caudal de augas fecais e pluviais que superan a capacidade da instalación, o que produce desbordamentos que acaban no río, na marisma e no mar. Na  vertedura da EDAR ao río Miñor, a auga presenta niveis intolerables de bacterias fecais e estes niveis increméntanse en máis dun 50%, augas abaixo da vertedura da estación depuradora, debido ás verteduras incontroladas sen depurar. 

"A situación aseméllase á dunha cloaca a ceo aberto. Os niveis de contaminación rexistrados nos últimos anos na Foz do Miñor, non fixeron máis que aumentar. Pasou de Zona C a Pechada polos altísimos niveis de E. Coli que chegaron ás 160.000 bacterias por cada 100 gramos de molusco, máis de tres veces a cantidade máxima permitida en ZONA C", destaca Xaquín Pastoriza, voceiro de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.

¿Son los votantes del PP cómplices de la corrupción del partido?

Muchas investigaciones tratan de averiguar por qué la población pasa por alto la corrupción política. Para algunos expertos el secreto podría estar relacionado con una notable reducción de la disonancia cognitiva

PP: además de corruptos, mafiosos...+

No ano 2010 prohibiuse permanentemente a actividade marisqueira, da que dependían 60 familias.  Porén, as administracións levan todo este tempo mirando cara outro lado.

As queixas das veciñanza, que chegaron ata á Comisión europea e mesmo desembocaron nunha recente acción artística. O Colectivo Eco-artístico Riquiñas en Acción (RAKA)colocou unha “caca gigante” nas inmediacións da Ponte da Ramallosa, para chamar a atención sobre o estado da Marisma da Foz.

A gravidade deste problema xa foi reflexada no Informe Bandeiras Negras de 2022 de Ecoloxistas en Acción. Ese ano, a organización ecoloxista otorgoulle unha Bandeira Negra á Foz do Miñor por contaminación e mala xestión ambiental.

Ecoloxistas en Acción demanda medidas ás administracións para mellorar o tratamento das augas na estación depuradora e erradicar os vertidos sen depurar no río Miñor para evitar que un dos espazos naturais máis importantes da bisbarra se convirta definitivamente nunha cloaca.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV