80.000 lectores diarios. Seguimos dando la talla M.L.XL y XXL

ACUSAN AO PP DE “PAGAR” A NEGOCIACIÓN DA LEI DO XOGO COA REBAIXA DE IMPOSTOS DA XUNTA AOS BINGOS

Información
22 Diciembre 2022 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 3778 votos
(Tiempo estimado para leer este artículo: 1 - 2 minutos)
social youtube xornalgalicia   feed-image

Julio Torrado 211222 01O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de rebaixarlle as taxas aos bingos un 40 por cento para “pagar a negociación dunha Lei que non querían implantar”. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que salientou a “coincidencia” da redución fiscal con que o goberno se vexa “forzado” a presentar no parlamento a Lei do Xogo.

Julio Torrado acusou ao goberno galego de compensar a estes negocios pola nova regulación do xogo actualmente en trámite parlamentario, porque “cando teñen que regular un pouco, coa outra man danlles unha rebaixa” de impostos. Ironizou con que “cando falan de que a xente debe ter os cartos nos seus petos, en realidade fan que as empresas deixen de pagar para que outros deixen os cartos nos petos desas empresas”.

Criticou que a Xunta xustifique este beneficio fiscal aludindo ás dificultades para manter o emprego no ano 2022 como consecuencia da pandemia. Preguntou en primeiro lugar en ton irónico se a afectación da pandemia fora máis acusado en 2022 que nos dous anteriores, para a continuación apuntar ao agravio comparativo con outros sectores que tamén se viron afectados, como a hostalería ou o comercio.

Salientou que o novo conselleiro “a lo menos introduciu a regulación” obrigado logo de que os socialistas galegos presentaran unha proposición non de Lei do Xogo. Lembrou que o anterior conselleiro e actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo “anos” deixando pasar o momento para levar adiante a regulación, porque “non estaban de acordo e preferían a desregulación” do sector, cunha Lei que se remonta aos anos 80.

Documentos
43177 POP1 Rebaixa fiscal bingos outubro2022.pdf [213.47Kb]
Publicado Miércoles, 21 Diciembre 2022 por xornalgalicia

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas sobre ejemplo; Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias, te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet