O candidato do PSdeG remarca que os acordos aos que chegaron os socialistas traerán “máis investimentos, máis obras, máis cartos para o noso país”
O lucense foi, elixido por sorteo, o primeiro deputado en votar a favor da investidura de Sánchez no Congreso
Madrid, 16 de novembro de 2023. José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, celebrou este xoves a investidura definitiva de Pedro Sánchez como presidente de España e augurou que “co novo goberno continuará o protagonismo de Galicia” durante os próximos catro anos.
O socialista natural de Lugo, que foi o primeiro dos 179 deputados que votou a favor da investidura de Pedro Sánchez no Congreso, valorou como afectará este feito a Galicia xusto ao finalizar a sesión plenaria.
Besteiro remarcou que “Galicia xa foi protagonista no primeiro dos debates desta lexislatura”, cando el mesmo foi o primeiro deputado que falou en galego na Cámara baixa. “A continuación”, engadiu, “chegamos a acordos que van traer máis investimentos, máis obras, máis cartos para o noso país”, apuntou xa que tamén formou parte do equipo negociador do PSOE para a investidura.
Adiantou que durante os próximos catro anos “continuará o protagonismo do noso país, de Galicia” e insistiu en que “fronte á política do odio, da crispación, este novo goberno socialista traerá estabilidade, concordia e convivencia”, concluíu.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra. - 21/06/2023 08:23
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc. - 04/01/2023 18:50
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral. - 09/03/2023 09:45