A deputada socialista Noa Díaz denunciou este venres a falla de transparencia da CRTVG cos contratos co Arcebispado de Santiago por valor de 800.000 euros para a retransmisión das misas e outros programas de índole católica.
Na comisión permanente no Parlamento de control da CRTVG, a socialista Noa Díaz preguntou ao director da corporación sobre os contrato suscritos entre 2021 e 2022 co Arcebispado de Santiago por un valor de 800.000 euros para a retransmisión de misas, programas especiais e o semanal católico “Polo camiño da fe”. Díaz sinalou que estamos ante “contratos cuestionables, tanto pola súa contía, como pola forma de adxudicalo, como pola súa xustificación de interese público”.
A falta de información ao respecto é algo que indignou notablemente á representante socialista, quen recordou que a información aparecida no portal de transparencia non permite coñecer o detalle dos contratos, que reclamou a través do artigo 9 hai un mes, sen obter aínda resposta.
Reprochou que a corporación pública asinase en 2016 un convenio marco coa Igrexa no que “lonxe de respectar a liberdade relixiosa” a CRTVG asume o interese por “impulsar e divulgar a importancia do feito e sentimento relixioso católico en Galicia”. Ademais, criticou o programa “Polo camiño da fe”, católico, ignorando ao resto de confesións “cando vivimos nun país xa non só aconfesional senón tamén moi diverso culturalmente”, alegou a deputada. A este respecto, para Díaz este programa semanal debía supor un ingreso para a CRTVG e non un gasto, por canto supón un espazo de propaganda da Igrexa católica.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Un falso Xornal de Galicia puede estar estafando a las instituciones de Galicia como es el caso de Mondariz en Pontevedra. - 21/06/2023 08:23
- Un juzgado de Instrucción de Ourense admite a trámite una querella criminal por DELITOS SOCIETARIOS contra Cosaga, Scanner Orense GRUPO HOSPITALARIO RECOLETAS SAU,etc. - 04/01/2023 18:50
- 9 de marzo, Día del Naturalismo gallego: Eva Cardenas y Feijóo los mayores delincuentes del litoral. - 09/03/2023 09:45