Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Denuncian á Xunta por prevaricación e malversación de vertidos na que esta implicado Alberto Núñez Feijóo e outros altos cargos da Xunta

Información
01 Febrero 2023 - Indice corrupción sistémica de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 4527 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia - La herencia de Feijóo en la Xunta podría tacharse de las  acitividades del GRAN CRIMNALA Directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez López, resolveu autorizar o vertido de millóns de metros cúbicos de augas contaminadas da mina de San Finx, en Lousame. Os vertidos realizaranse ao cauce fluvial contiguo á mina, situada a apenas 7 km augas arriba dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia e do espazo da Rede Natura 2000 do Esteiro do Tambre. A resolución ven de dictarse nun procedemento pragado de irregularidades que leva máis de sete anos en trámite.

Á vista da situación, Ecoloxistas en Acción anuncia que presentará de xeito inmediato denuncia penal nos Xulgados de Santiago contra os responsábeis pola instrucción do procedemento de vertidos, ao considerar que existen indicios suficientes de varios delitos de prevaricación, malversación e falsedade en documento público. Interporán ademais solicitude de medidas cautelares para evitar que o vertido se poida levar a cabo, unha vez que este podería ter un grave impacto ambiental se chegar a realizarse.

Segundo a organización ecoloxistas, a autorización de vertido outorgada hoxe busca apenas garantir a escapatoria do Grupo SACYR, que a finais de decembro de 2021 asinou un acordo entregando a mina a unha empresa australiana, Biscay Minerals, desprovista de fondos e que non ten ningunha outra mina ou proxecto en todo o planeta. O acordo estaba condicionado a que a Xunta outorgara á mina a autorización de vertido, pois do contrario sería Sacyr quen terá que asumir os custos de restaurar e clausurar definitivamente a explotación.

Ante as irregularidades e deficiencias técnicas do proxecto de vertidos e o feito de que a propia mina carece de avaliación de impacto ambiental, Ecoloxistas en Acción califica a decisión desta semana como un “favorazo”, que atribúen directamente ao anterior presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, así como ao actual presidente Alfonso Rueda e ao vicepresidente Francisco Conde, aos que tamén fai referencia a denuncia penal.

Segundo os Ecoloxistas, o carácter delictivo dos feitos non pasará desapercibido ao Xulgado, pois o cúmulo de falsedades e vicios do procecemento de vertidos só podían ter levado á denegación e arquivo da solicitude, evidenciando unha complicidade sen precedentes da Administración co entramado político e empresarial do Grupo Sacyr.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia de Noticias ANAI
  • Tu opinión Cuenta Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • Pladesemapesga. ONG
  • Acción y Transparencia Pública.
  • Unirme al Wassap de XG
  • Suscribirme Canal Youtube XGRTV