Greenalia morde no territorio cos dentes da Xunta

Información
10 Marzo 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 2262 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • Mobilización no verán pasado contra os porxectos Lamas de Feás e Lamas IIO proxecto Lamas II obtén unha DIA favorábel, redúcese a un só aeroxerador e non dispón de liña de evacuación xa que estaba asociado ao de Lamas de Feás, que decaeu en xaneiro.

  • A Xunta declarou este proxecto de "iniciativa empresarial prioritaria" para servir electricidade barata á planta de Alcoa, que está a 200 quilómetros, en San Cibrao (Lugo).

     

  • STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA lembra que, por moita declaración de “interese empresarial” poida emitir a Xunta, o interese social deste proxecto para as veciñas e veciños é NINGÚN, e así o expresaron con máis de 2.500 alegacións.

LEMBRA A NOSA CAMPAÑA do FONDO PARA A DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DA LIMIA-XURÉS-CELANOVA en migranodearena.org -> https://bit.ly/3KBV0je

 

 

A Declaración de Impacto Ambiental favorábel do proxecto eólico Lamas II supón que, por riba de toda a normativa de protección ambiental e coa pasividade das diferentes Administracións (empezando polos concellos de Baltar, Os Blancos e Calvos de Randín), Greenalia morde no territorio cos dentes da Xunta ao conseguir o primeiro permiso, a DIA, para levar adiante un proxecto que, tras este trámite, queda limitado a 1 aeroxerador de 200 metros de altura para o que non conta nin con subestación nin con liña de evacuación, xa que o seu desenvolvemento estaba vinculado ao PE Lamas de Feás, que decaeu a finais de xaneiro cunha DIA negativa.

 

Greenalia recibiu onte, 9 de marzo, a declaración, por parte do Consello da Xunta e ao abeiro da Lei de Depredación de 2017, para este proxecto de "iniciativa empresarial prioritaria" para subministro de electricidade á Alcoa en San Cibrao (Lugo), a 200 quilómetros de distancia. Mediante esta declaración, a Xunta reduce á metade os prazos para a tramitación do proxecto.

 

Hoxe, Greenalia recibiu unha DIA favorábel a este proxecto, situado e vinculado xunto ao de Lamas de Feás, da mesma compañía, que en xaneiro pasado decaeu a causa dos impactos medioambientais e paisaxísticos que o proxecto Lamas II salva reducindo de 3 a 1 o número de aeroxeradores, mentres mantén a mesma poligonal sen que iso avalíe na DIA.

 

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA considera que a Xunta de Galiza está a sacrificar as nosas montañas para lle regalar a electricidade a Alcoa, que a Xunta vai sen rumbo e se contradí en apenas un mes con dúas DIA en sentido distinto para un mesmo proxecto, artificialmente fragmentado por Greenalia, e que coa avaliación favorábel de Lamas II abre a porta a futuros macroproxectos nunha área na que Patrimonio Natural considera que non caben polígonos eólicos e mesmo o Instituto de Estudos do Territorio advirte impactos paisaxísticos severos.

 

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA está a desenvolver unha campaña de recollida de diñeiro para o FONDO PARA A DEFENSA XURÍDICA DAS MONTAÑAS DA LIMIA-XURÉS-CELANOVA que xa vai pola terceira semana e leva recadado máis do 80% do obxectivo. A campaña estará aberta até o 30 de abril e as previsións son superar folgadamente o reto inicial. Ese fondo servirá para pagar os estudos técnicos e o asesoramento xurídico precisos para enfrontar proxectos como Lamas II diante da Xustiza ordinaria.

 

STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA lembra que, por moita declaración de “interese empresarial” poida emitir a Xunta, o interese social deste proxecto para as veciñas e veciños de Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar, é NINGÚN.

 

Así o manifestaron presentando máis de 2.500 alegacións contra os proxectos Lamas de Feás e Lamas II, entendendo que son un único macropolígono que tería impactos moi graves no medio natural, na saúde das persoas, no patrimonio e na paisaxe. E dá igual que os poñan todos xuntos que dun en un. As nosas aldeas e as nosas montañas, como A Aguioncha ou Pena Loba, non son sitio para chantar eólicos de 200 metros de alto.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más


También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Privacidad y uso de cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.