Información
Noticia destacada de Galicia

Persoal da APV marcha até o consello de administración en solidariedade cos catro denunciados polo presidente López Veiga exconselleiro de pesca polo PPdeG e presunto responsable do marisquiño.

Información
Galicia 02 Diciembre 2018 172 votos

Máis de medio cento de persoas participaron hoxe na manifestación convocada polo comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) en solidariedade cos catro compañeiros aos que presidente lles reclama 25.000 euros por supostas inxurias e calumnias nun comunicado interno.

Dende a representación dos traballadores/as instan a Enrique López Veiga, que foi apupado ao remate do consello de administración do ente público, a presentar unha denuncia contra o comité no seu conxunto xa que as críticas á súa xestión foron expresadas por este órgano colexiado.

Un informe de Marea sobre O Marisquiño responsabiliza al Puerto.

Un informe de Marea sobre O Marisquiño responsabiliza al Puerto y exculpa ... Marea de Vigo considera al Puerto como responsable del accidente por ... el presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, ...



A marcha en apoio dos catro delegados do comité afectados (dous da CIG e dous da UGT) arrincou da sede da APV, na praza da Estrela, pasadas as 9:00 horas, unha vez que López Veiga abandonou as instalacións para dirixirse ao edificio de sesións onde ía ter lugar o consello de administración, situado no peirao de transatlánticos.

Durante o traxecto berráronse consignas como “Máis xestión e menos represión”, “De mal presidente é atacar a súa xente”, “Aquí están os demandados”, “Feijóo, atende, cesa o presidente”, “Se queres cartos vai traballar” ou “O inmoral é denunciar o persoal” e recolléronse achegas económicas para sufragar a defensa dos traballadores denunciados.

O presidente da APV intentou unha vez máis boicotear a protesta, esta vez no autorizando media hora antes do comezo da manifestación a asemblea solicitada, co obxectivo de impedir a participación dos empregados/as. Con todo, máis de medio cento de persoas percorreron a rúa Montero Ríos até o peirao, onde varios membros da Policía portuaria lles impediron o paso nun primeiro momento para evitar que se achegasen ao edificio de sesións.


Acto seguido chegou unha dotación da Policía española para obrigalos/as a retirarse da vía de acceso ao edificio para que deixasen pasar a un dos coches oficiais que se dirixían ao consello, aínda que os manifestantes se negaron alegando que tiñan autorización da Subdelegación para achegarse até o edificio e se non se lles permitía o paso tampouco deixarían pasar o vehículo. Tras as comprobacións pertinentes, os axentes comunicáronlles que podían continuar a marcha.

Deste xeito puideron trasladar a mobilización até as portas do edificio de sesións, onde permaneceron por espazo de dúas horas mentres se celebrou o consello de administración e a posterior rolda de prensa. Alí desenvolveron unha ruidosa protesta, que se intensificaba cada vez que algúns dos participantes abandonaban o inmoble, especialmente cando o que saíu foi o presidente da APV.

Críticas á súa xestión

Ao remate da concentración, o presidente do comité de empresa da APV, Diego González, da CIG, reiterou a solidariedade de todo o persoal cos afectados e criticou a actitude de López Veiga “por levar á esfera persoal unha crítica feita pola representación dos traballadores/as á súa xestión” e por tratar de novo de boicotear a protesta, esta vez non autorizando a celebración dunha asemblea media hora antes do seu comezo.

Lembrou que o comité é un órgano colexiado polo que instou o presidente a presentar unha denuncia contra todos os seus integrantes “e eu como máximo representantes estarei encantado de acudir ao Xulgado a explicar o contido do comunicado interno e o que entendemos por despilfarro de cartos públicos”.

Detallou que a actual problemática orixinouse a raíz dun comunicado interno do comité no que criticaba o anuncio feito en prensa polo presidente da APV na que amosaba a intención de privatizar as lonxas e denunciaba a súa xestión. Cinco meses máis tarde os membros do comité reciben unha carta súa na que lles solicita que se retracten das súas afirmacións porque do contrario emprendería accións legais. “E un ano despois atopámonos con que catro compañeiros foron citados a un acto de conciliación no que se lles reclama 25.000 euros por presuntas inxurias e calumnias”. A partir de agora haberá que saber se López Veiga segue ou non adiante coa demanda, “que en todo caso será pola vía civil xa que a penal xa prescribiu”.

 

 


Otros articulos relacionados.....