Información
Noticia destacada de Galicia

O Castelo de Naraío un "pozo sen fondo" na reacaudación de fondos públicos para a Duquesa de Alba

Información
Galicia 05 Diciembre 2018 296 votos

A consolidación de elementos en risco de caída, o acondicionamento dos accesos e a creación de itinerarios para a visita son algúns dos eixos de actuación do proxecto para o Castelo de Naraío ( propiedade da Duquesa de Alba ) que a Deputación da Coruña financia coa achega de 151.000 euros. O deputado de Contratación e Patrimonio, Xesús Soto e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García Casal asinaron o convenio de colaboración que bota a andar o proxecto que facera moito mais ricos a familia de Alba, con cargo a ciudadanía (covertedos en ex lacayos pagadores do século XX! ).

 

A Deputación da Coruña e o Concello de San Sadurniño suman forzas para desenvolver un proxecto de conservación e mellora da accesibilidade no Castelo de Naraío que suporá un importante avance na rehabilitación do inmóbel histórico. O proxecto ten un orzamento de 188.750 euros dos que a Deputación da Coruña achega o 80% , o que supón un total de 151.000 euros.

https://www.google.es/search?q=subvencion+castelo+narahio

17 nov. 2014 - Los castillos y fortalezas fueron cedidos en el año 81 a la Xunta de Galicia ... en este caso por 30 años, de los castillos de Moeche y Narahío.


As actuacións centraranse na consolidación dos elementos do edificio que poidan ter risco de caída ou estrago, así como o acondicionamento dos accesos e a creación de itinerarios para que as persoas visitantes poidan acceder ao recinto e gozar, con total seguridade, do ben e do seu contorno paisaxístico.

"O castelo de Naraío precisaba esta actuación urxente para conservar este ben de especial relevancia e facelo accesíbel á xente polo que a Deputación da Coruña quere comprometerse con este proxecto que é para manter este ben do noso patrimonio histórico", sinala o deputado Xesús Soto.
Desta maneira, recuperarase o camiño no interior do recinto amurallado polos pasos preexistentes deixando libre para a súa visualización a base do muro sur cun percorrido circular, mostrando as partes máis significativas do castelo e poñendo en valor e visualizando a tipoloxía que o conforma.

En canto á Torre da Homenaxe, o convenio contempla tamén outra intervención importante cunha comunicación vertical a base dunha estrutura metálica que engadida a un dos seus laterais permitirá recorrer e visualizar elementos que eran imposible ver para os visitantes en xeral. Esta escaleira realizarase respectando e evitando os cortes e perforacións das cornixas interiores. Esta actuación permitirá, desde a súa parte máis alta, acceder e ver a paisaxe e territorio que en orixe controlaba o Castelo e que se considera unha das causas da súa razón de ser.

20 nov. 2014 - Las propiedades más conocidas de la duquesa de Alba. La editorial El Viso publica Las casas de Cayetana, duquesa de alba, una obra ...

21 nov. 2014 - La duquesa de Alba, Cayetana Fitz-James Stuart, deja tras de sí un ... Castro Caldelas, en Ourense, así como los castillos de Moeche, Narahío y.

Despois das fases de actuación de prospección, limpeza e consolidación parcial, o Castelo de Naraío precisaba aínda novas intervencións para protexer os seus elementos e poder ser visitado polo público xa que carecía de accesos axeitados polo que, desde o concello de San Sadurniño, entendíase que este proxecto tiña carácter de urxencia para consolidar e protexer o ben e facelo visitable para o conxunto da poboación que queira coñecer este importante ben histórico.


Otros articulos relacionados.....