Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Casares e Miranda censuran a instrumentalización e uso partidista da Fundación Galicia Europa por parte do PP

Información
03 Febrero 2023 - Noticia Destacada de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 12548 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • Os eurodeputados reivindican a utilización da Fundación como unha vía para defender os intereses de Galicia

Os eurodeputados galegos Nicolás González Casares (PSdeG-PSOE) e Ana Miranda (BNG) criticaron esta mañá a instrumentalización que a Xunta e o PPdeG fan da Fundación Galicia Europa (FGE), unha entidade que debera ser a voz de Galicia ante as institucións comunitarias, pero que os populares utilizan para facer turismo en Bruxelas.Nicolás20González20Casares 1

Así reaccionaron os eurodeputados galegos tras a visita realizada esta semana por cargos do PPdeG á FGE, visita na que, unha vez máis, os populares fixeron un "uso partidista" desta institución, ao mesturar a presenza de cargos do partido e cargos institucionais como a do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea. "As institucións galegas merecen respecto, non usos espúreos", criticaron.

Tanto Miranda como Casares sinalaron que o Goberno do PP debera utilizar a Fundación como unha vía para defender os intereses de Galicia ante as institucións comunitarias. Non obstante, lamentan, "falta a primeira vez que a Fundación fixera chegar aos eurodeputados galegos un posicionamento ante unha diretiva ou regulamento europeo a pesar de que o Parlamento Europeo é colexislador en pé de igualdade co Consello e decide sobre materias con impacto direto nos setores produtivos do país".

"En vez de fomentar e coidar unha rede de influencia galega ante as institucións comunitarias para beneficio do país, o PP limítase a organizar viaxes turísticas dos seus cargos e a poñer a disposición do partido institucións públicas pagadas por todos", concluíron.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV