O CPXG mostra a súa preocupación pola CRTVG e chama a restabelecer un clima laboral saudábel

Información
28 Junio 2023 - Noticia Destacada de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 5131 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

MARSANCHEZSIERRASESORAFEIJOOSOBRADOSINDICIOSDECORRUPCIONINSTITUCIONAL

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere expresar a súa grande preocupación pola aparición de diversas noticias ao longo dos últimos días referidas a presuntas prácticas contra os traballadores dentro da Corporación Radio Televisión de Galicia, así como facer un chamamento a traballar por impulsar un clima laboral saudábel que favoreza o exercicio do xornalismo e o dereito á información da cidadanía.

Sen entrar a valorar acusacións que xa están xudicializadas e polo tanto terán que ser resoltas polos tribunais, a publicación de informacións sobre actitudes contra o persoal afondan na sensación de deterioración das relacións laborais no seo dos medios públicos galegos, á que xa contribuíran outro tipo de prácticas polas que o Colexio de Xornalistas xa mostrou a súa inquietude no pasado. A percepción dun clima laboral prexudicial na Corporación Radio Televisión de Galicia é unha mala noticia para o cadro de profesionais que exercen o seu traballo na mesma, para os poderes políticos que teñen que ser garantes da boa xestión do público e para a sociedade galega en xeral, que ve ameazado así o seu dereito a unha información de calidade. 

Como xa ten manifestado este Colexio en varias ocasións, o mantemento dunhas condicións laborais dignas é un requisito indispensábel para que os medios presten o seu necesario servizo de información á cidadanía. Tense mostrado en moitas ocasións que un clima laboral daniño afecta mesmo á saúde de quen o padece, o que prexudica primeiramente aos traballadores e traballadoras, mais tamén ao público xeral, ao se produciren baixas que limitan o persoal dispoñíbel e precarizan a información. Só cun bo ambiente laboral se pode garantir que as e os comunicadores estean centrados en realizar con profesionalidade o seu traballo, respondendo así á importante tarefa de salvagardar o dereito á información que teñen encomendada. Cando xornalistas son protagonistas das informacións, algo está a acontecer que impide que o seu traballo sexa o de cubrir outros asuntos que sempre deberan ser prioritarios. 

Por isto, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fai un chamamento a restabelecer nos medios públicos galegos un ambiente que asegure unhas relacións laborais saudábeis, no cadro das cales as e os xornalistas poidan centrarse na misión máis importante que teñen encomendada: a de levar a cabo o seu traballo con responsabilidade e profesionalidade para garantir o dereito á información de toda a cidadanía galega. 

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más


También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
Privacidad y uso de cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.