O PP VOTA EN CONTRA DE LEVAR INTERNET AO CEN POR CEN DA POBOACIÓN GALEGA PARA QUE NON VEXAN A CORRUPCIÓN INSTITUCIONALIZADA

Información
17 Enero 2023 - Galicia - 17789 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Leticia Gallego 170123 01Leticia Gallego considera “incomprensible” que o goberno galego reduza en 12 millóns de euros o orzamento de Amtega, obstaculizando a transformación dixital e a implantación do 5G

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023. A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, criticou hoxe que o PP votara en contra de levar internet de calidade á totalidade da poboación galega. Así o dixo logo do debate dunha iniciativa que presentou no Parlamento para reclamarlle á Xunta que reforce o orzamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -Amtega-, para “apostar de maneira potente e rotunda pola dixitalización”, que foi rexeitada polo PP.

 

Gallego presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Industria para levar a conectividade dixital a toda a poboación galega e impulsar a implantación do 5G en todo o territorio. A responsable socialista considera “incomprensible” que a Xunta fixe como obxectivo na Estratexia Galicia Dixital 2030 estender as redes de 100Mb a toda a poboación cando a continuación reduce o orzamento da Amtega en 12 millóns de euros para este ano.

 

Alertou de que, cunha transformación dixital a medio gas Galicia quedará rezagada, e con estes vimbios “a nosa recuperación económica non será sólida”. Urxiu ao goberno galego a “promover o campo da dixitalización para evitar quedar sempre atrás, e cunha fenda dixital que sitúa á Comunidade Autónoma na cola de Europa”.

 

Leticia Gallego lembrou que Galicia ten recibido un total de 196 millóns de euros do goberno do Estado para a implantación da banda ancha e bonos de dixitalización ás empresas, logo de ser a autonomía que máis axudas reibiu para a cobertura de banda larga en 2018 e 2019.

 

Esixiulle á Xunta que se centre na transformación de pemes e empresas familiares, e sobre todo na transformación do comercio de proximidade, liderando o despregamento acelerado da rede 5G para garantir conectividade de alta velocidade nas zonas rurais. Ademais, reclamoiu unha estratexia “potente” da industria 4.0 para agricultura, pesca e industria, incrementando ademais o investimento na I+D das TIC e rematando coa fenda dixital entre escolares de Galicia.

 

Urxiu ao Executivo a tomar en serio a nova dixitalización, “e máis agora, coas consecuencias que tivo a pandemia sobre as tecnoloxías, a investigación e a innovación”. Alertou de que Galicia “debe estar á cabeza” da implantación do 5G, así como das novas tecnoloxías como a intelixencia artificial, a big data, a automatización de procesos, a robótica, a realidade virtual e aumentada, a impresión 3D ou os drons, entre outros.

 

Explicou o impacto significativo sinaladamente do 5G na mellora da competitividade, a produtividade, a eficiencia no uso dos recursos produtivos ou na maior calidade ou rendemento dos produtos ou servizos xerados nos distintos sectores económicos. A perda desta oportunidade, sinalou, suporá “serias debilidades no obxectivo de sentar as bases dunha recuperación económica sólida”.

 

Categoría: Galicia
Visto: 17789