Os traballadores e as traballadoras de SEAGA manteñen a convocatoria de folga a partir do luns 16 de setembro, xa que na reunión mantida onte luns coa administración non se acadaron compromisos firmes e concretos para a modificación do decreto que impide ao persoal puntuar nas listas de contratación da Xunta. Nesa xuntanza, Medio Rural confirmou tamén que este será o último ano no que SEAGA realice funcións de extinción, pois dende 2019 limitarase as tarefas de prevención e a limpeza das faixas de seguridade.

Concentración o día 17

Para visibilizar a folga, o persoal ten convocada unha concentración o luns 17 de setembro, ás 11:00 horas, na porta sur do complexo administrativo de San Caetano, en Compostela.

Os mariñeiros da ría Pontevedra acusan á Xunta de xerarlles grandes prexuízos tras os recortes de persoal na Casa do Mar da cidade do Lérez, que supoñen a práctica imposibilidade de pediren cita previa para as inspeccións médicas obrigatorias previas ao embarque. Segundo sinalan, esta situación prolóngase desde hai meses, obrigándoos a acudir a Vigo, onde as listas de espera demoran até mes e medio.

Información
Galicia

Organizacións sindicais emiten manifesto de apoio ao pobo catalán

Información
12 Septiembre 2018 89 Votos

O 1 de outubro do ano 2017 o pobo catalán exerceu o dereito de autodeterminación que xa se iniciou hai anos. Desde as consultas populares que comezaron en 2009, pasando pola consulta do 9 de novembro de 2014 ou as 18 veces que se pediu ao Estado a posibilidade de facer un referendo. Os sindicatos asinantes estivemos a carón do pobo catalán para defender o dereito a decidir libremente o seu futuro.

  • Manuel Baltar dixo no na súa visita ao colexio de enxeñeiros técnicos agrícolas de Ourense que a posta en valor do rural ourensán "pasa pola colaboración público, privada e académica, explorando as fortalezas e potencialidades que o sector primario ten na nosa provincia, unha das máis importantes en ámbitos como agroindustria, viño ou forestal".
  •  
  • O presidente da Deputación expresou "a disposición de máxima colaboración" por parte da institución provincial co colexio de enxeñeiros agrícolas de Ourense "para desenvolver conxuntamente actividades e proxectos baseados en políticas innovadoras que supoñan un paso adiante para o agro na provincia de Ourense".

Ourense, 11 de setembro de 2018.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na reunión de traballo celebrada en Castro Caldelas entre as deputacións de Ourense e Lugo e os concellos de Monforte e Castro Caldelas, xunto ao seu homólogo lucense, Darío Campos; o alcalde monfortino, José Tomé, e a rexedora local caldelá, Sara Inés Vega. No encontro, que tivo lugar no castelo da vila, analizaron proxectos turísticos e iniciativas culturais relativos á Ribeira Sacra.

El Juzgado de Instrucción 1 de León incoó unas diligencias previas en enero de 2018 en las que hay ocho personas investigadas por presuntos delitos de prevaricación administrativa, tráfico de influencias, fraude a la administración pública, cohecho, inducción a la malversación de caudales públicos, revelación de secretos por funcionario público, o inducción a dichos delitos.

Mortes nas salas de espera dos servicios sanitarios sen atender, medicacion que se lle nega aos doentes inducindos a morte son so algunhas das causas que converten a Galicia entre as comunidades con peores servizos sanitarios, ao caer tres postos, segundo o XV informe 'Os Servizos Sanitarios das CC.AA.' da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP). NADIE RESPONDE, NINGUEN DIMITE, ASI FUNIONA A ÉTICA E MORAL DO PARTIDO POPULAR EN GALICIA. A Fiscalía acusa ao Goberno de Feijóo de homicidio. Un sexagenario falece no PAC da Estrada sen asistencia médica.

Patricia Otero 110918A avogada laboralista, segunda tenente de Alcalde de Burela e concelleira de Servizos Sociais, Economía e Facenda e Mar tomou posesión hoxe do escano como deputada do Grupo Socialista. A nova parlamentaria socialista prometeu o seu cargo logo da saída da Cámara do xa ex deputado José Antonio Quiroga para presidir a Confederación Hidrográfica do Miño – Sil.

Otero, que é actualmente secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, é licenciada en Dereito especializada en dereito laboral logo de traballar como orientadora laboral de UXT – Galicia, monitora do Instituto de Formación e Estudos Sociais, e avogada laboralista como autónoma.

Información
Galicia

Unha maior submisión, vendida como independencia do funcionariado por Feijoo

Información
11 Septiembre 2018 123 Votos

O goberno galego https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/33383/xunta-impulsa-decreto-que-permitira-cubrir-por-concurso-especifico-591-xefaturas" anunciou que deixará de asignar mediante libre designación 591 postos que ata agora eran cubertos “a dedo”. Venden deste xeito o cambio de forma de provisión de numerosas xefaturas de servizo (e outros postos), que pasarían da seren cubertas mediante libre designación ao futuro concurso específico, unha forma de provisión menos discrecional, segundo publicitan nunha comunicación enviada aos medios o domingo 9 de setembro, antes de negocialo cos representantes sindicais.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi