Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

AGDSP DENUNCIA as falsedades da Conselleria Sanidade sobre Atención Primaria que esta destruindo o PP

Información
12 Enero 2023 - Sergas - Correo electrónico - Imprimir - 15374 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

comesana destrueasanidadepublicaDiante da información dos colapsos das urxencias en numerosos hospitais públicos e a reiteración das declaracións pola Conselleia de Sanidade e do SERGAS culpabilizando do desastre da Atención Primaria á falta de médicos e ao Ministerio de Sanidade, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos comunicar:

1.- As Comunidades Autónomas, como Galicia, teñen transferidas desde hai anos todas as competencias para o financiamento, creación e organización dos centros de saúde e hospitais, planificación do persoal e das súas condicións laborais, establecemento do modelo sanitario en Atención Primaria e hospitais, etc., etc.

2.- A falta de persoal  médico é atribuíble aos recortes para reducir gasto público que supuxeron a amortización das prazas por xubilación,  á precariedade laboral que favorece que o persoal formado en Galicia polo Sistema MIR fuxa aos hospitais, á privada e a outros países que garanten estabilidade laboral e mellores condicións: Mais da metade do persoal medico é provisional  e a que as ofertas de prazas tardaron anos en convocarse. Un cambio na política de persoal permitiría recuperar para a AP a boa parte do mesmo.

4.- Os peches de Centros de saúde, de servizos de pediatría extrahospitalaria e de PAC, as listas de espera que superan a semana ou a hexemonía da consulta telefónica, obriga  á poboación enferma a acudir ás urxencias hospitalarias como ultimo recurso para ser atendida.

3.- A  falta de persoal médico nos Centros de Saúde, especialmente de pediatría  e a masificación das consultas,  é a consecuencia de manter un modelo de Atención Primaria obsoleto centrado na consulta medica (máis do 80% da demanda), que atende unha gran burocracia e problemas de saúde que corresponden a outras categorías profesionais como enfermería, matronas, psicoloxía, fisioterapia, asistencia social, logopedia, atención temperá,… dos que existen un gran déficit. Incorporar este persoal aos Centros de Saúde liberaría tempo nas consultas medicas, reduciría sufrimento e medicación innecesaria e permitiría atender adecuadamente as demandas de atención da poboación.

5.- As propostas para un novo modelo, acordado cos diferentes grupos profesionais,   levan anos nun caixón da Conselleria de Sanidade.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV