Eólicas
O TSXG continúa vendo irregularidades y suspende de forma cautelar as autorizacións de tres novos parques eólicos
- Información
- 22 Marzo 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 256 votos
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión das autorizacións administrativa previa e de construción outorgadas pola Xunta de Galicia para os proxectos dos parques eólicos Alto da Telleira (Covelo e A Cañiza), Troitomil (A Baña e Negreira) e Outeiro Grande (A Estrada e Forcarei).
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 256
O TSXG suspende de forma cautelar mais autorizacións de dous parques eólicos
- Información
- 08 Marzo 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 668 votos
Serra do Faro Ampliación II
08/03/2024.- A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión da executividade da resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta, pola que se concedeu autorización administrativa previa e de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra do Faro Ampliación II.
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 668
Lee más: O TSXG suspende de forma cautelar mais autorizacións de dous parques eólicos
O TSXG solicita ao TXUE que se pronuncie sobre se o público debeu ter acceso aos informes sectoriais sobre eólicos antes de autorizarse os parques
- Información
- 06 Marzo 2024 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 256 votos
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) expuxo unha tripla cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) para que determine se a Xunta debeu poñer ao dispor do público interesado (non só dos promotores) os informes sectoriais sobre parques eólicos para que puidese, no seu caso, formular alegacións e participar no proceso de toma de decisión sobre as autorizacións dos proxectos antes de que se aprobaran. Eses informes sectoriais conteñen información sobre materia forestal, de augas, de patrimonio natural e cultural, de turismo, de saúde, de enerxía eléctrica e de seguridade aérea, entre outros.
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 256
O TSXG decreta a suspensión cautelar de 13 parques eólicos tras a sentenza do Tribunal Supremo
- Información
- 05 Marzo 2024 - Eólicas - Imprimir - 11 votos
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), tras a sentenza emitida polo Tribunal Supremo (TS) o pasado mes de decembro, adaptou os criterios á hora de decidir sobre medidas cautelares respecto a parques eólicos. TODOS LOS AUTOS DESCARGABLES Y VISIBLES SOLO PARA USUARIOS REGISTRADOS
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 11
O TSXG suspende cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas
- Información
- 28 Noviembre 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 984 votos
O Tribunal Superior de Xustiza de Galician (TSXG) acordou suspender cautelarmente a execución do acordo da Xunta que outorgou á promotora do parque eólico Campo das Rosas -Naturgy Renovables SLU- as autorizacións administrativas previa e de construción, á vez que declarou a utilidade pública das instalacións, situadas nos termos municipais da Estrada, Campo Lameiro e Cercedo-Cotobade, e a súa compatibilidade con aproveitamentos forestais.
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 984
Lee más: O TSXG suspende cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas
O TSXG revoga por primeira vez a declaración de utilidade pública de terreos expropiados para un parque eólico tras anular o proxecto
- Información
- 25 Septiembre 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 896 votos
A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a declaración de utilidade pública do proxecto de repotenciación do parque eólico de Corme, (A Coruña), imprescindible para a expropiación forzosa dos terreos, xa executada. Desta forma, o alto tribunal galego acolleu o recurso interposto por un particular contra a resolución do 15 de maio de 2020 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que declarou a utilidade pública dos predios.
- Categoría de nivel principal o raíz: Indice corrupción sistémica de Galicia
- Categoría: Eólicas
- Visto: 896