Os socialistas propoñen unha peonalización ‘branda’ da rúa Iglesias
Vilarelle co fin de integrar os parques da Seta e a Constitución

Dende a Organización lamentaron que “é unha mágoa que a dereita só fale de educación para instrumentalizala nas súas proclamas demagóxicas nacionalistas. A educación debería ser algo máis que unha bandeira que se leva á praza de Colón para aumentar a tensión e a crispación.”

As XSG afirmaron que “o que pretende Albert Rivera é patrimonializar a lingua española para usala como arma electoral. Esquecen que España é de todos, pero no país que nós queremos as linguas non son un arma política. As dereitas utilizan as linguas para producir crispación e alimentar un sentimentalismo que baleira de contido a política.”

Una empresa vasca ha creado un negocio que modifica la forma de disfrutar de una pensión completa en un Alojamiento Turístico

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e cinco meses de cárcere ao autor dun roubo con violencia no interior dunha vivenda na que residía como okupa. O tribunal considera acreditado na sentenza que o sospeitoso e outra persoa planificaron roubarlle a vítima, que vivira con eles, os 700 euros que cobraba todos os meses de prestación do INEM. Así, convidárona a subir ao inmoble e, unha vez alí, o procesado iniciou unha discusión con ela e golpeouna nun ollo. Durante a pelexa a persoa que non foi xulgada lle sustraeu os cartos a vítima e agrediuna cunha arma punzante. O prexudicado conseguiu fuxir ata a rúa, onde foi auxiliado por varias persoas. Os vecinos chamaron unha ambulancia e alertaron á policía. O tribunal tamén lle impuxo ao sospeitoso o abono dunha indemnización de 1.400 euros.

O Xulgado de Instrución número 4 de Vigo finalizou a investigación sobre a presunta organización delituosa sospeitosa de tentar introducir en agosto de 2018 en Galicia 1.700 quilos de cocaína valorados en 59,2 millóns de euros. O remolcador Titán Terceiro, apresado en alta mar, entre Funchal e Azores, transportaba a droga.

A CIG quere denunciar as actuacións irregulares e as represalias que está a adoptar a empresa SADA PA Castilla Galicia SA (da multinacional Nutreco), contra daqueles traballadores e traballadoras procedentes da falsa cooperativa Servicarne, a quen está obrigando a que asuman unhas condicións laborais distintas ás que tiñan, como paso previo para seren incorporados/as no seu cadro de persoal propio.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, dirixiuse por escrito ao presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, para reclamarlle que non permita a participación dun representante do partido de extrema dereita Vox nun acto na Eurocámara organizado polo grupo ECR. “Considero, como eurodeputada demócrata, que non debería de permitirse a celebración dun evento deste tipo, que pode ameazar a orde pública e a seguridade do Parlamento Europeo", di con retranca no seu escrito a eurodeputada galega, despois de que o Presidente da Eurocámara impedira nos pasados dias actos alegando eses motivos a elixidos democrticamente.


De esquerda a dereita, Asunción Cámara, Klaus von Gadow, Andrea Hevia, Fernando Castedo, Roque Rodríguez e Isabel Cañellas

A enxeñeira de Montes asturiana egresada da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do campus de Lugo da USC Andrea Hevia Cabal vén de resultar galardoada na última convocatoria de premios da Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal (Iufro) á investigación de doutoramento máis sobresaínte pola tese doutoral desenvolvida baixo o título ‘ Influencia da poda no desenvolvemento de masas de Pinus radiata. D. Don e Pinus pinaster Aiton en Asturias’ e dirixida polo catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na EPS de Enxeñaría de Lugo Juan Gabriel Álvarez e  polo director do Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas) de Asturias, Juan P. Majada Guijo.

 

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, a 26 anos de cárcere como autor dun delito de homicidio e de dous delitos de homicidio tentado ao condutor de 19 anos que durante a madrugada do sábado 28 de outubro de 2017 atropelou a propósito a tres mozos no Paseo Marítimo da Coruña. O acusado, segundo consta no fallo, pelexou cos afectados nun bar do Orzán e, ao velos cruzar a vía por un lugar non habilitado para peóns, invadiu o sentido contrario da marcha e dirixiu o coche contra eles. Como consecuencia do impacto, o mozo que camiñaba adiantado, de 24 anos, saíu despedido cara ás vías do tranvía e faleceu uns 45 minutos despois, mentres que un dos seus acompañantes sufriu lesións leves. A terceira persoa non foi alcanzada polo vehículo.

lineaazul 1600

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...