Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O deputado socialista Luis Álvarez reclamoulle hoxe “claridade” á dirección da CRTVG sobre os “prazos, orzamentos e metodoloxía” previstos no proceso de dixitalización dos arquivos da CRTVG. Así o dixo hoxe en Comisión parlamentaria, onde preguntou pola falla de previsión da dirección e pola “baixa esaxerada” na licitación dun novo edificio “provisional” para desprazar á redacción durante o proceso.

O responsable socialista reclamou a previsión económica do ente para estimar o custe da operación en 12 millóns de euros, e preguntou pola situación dos profesionais que traballan no arquivo actualmente, e que “velan por uns fondos audiovisuais que son tamén memoria histórica de Galicia como país”.

Dixo que esta situación denota “o escaso valor que o goberno de Feijóo lle outorga ao modelo de televisión pública e o que debera supor como reforzo da identidade do noso pobo, promoción da cultura e a lingua e impulso ao audiovisual”.

Baixa esaxerada

Luis Álvarez puxo o acento ademais sobre a construción dun edificio anexo para desprazar á redacción durante o proceso de dixitalización e as importantes dúbidas que esperta a súa licitación por 630.000 euros, nunha “baixa esaxerada” de 300.000 euros por debaixo do prezo de licitación, estimado en un millón de euros.

Advertiu do “futuro problema” que pode supor esta operación, “como desgraciadamente ocorre en algunhas obras públicas onde os licitadores, unha vez conseguido o contrato, presentan modificados que encarecen a obra”.

O responsable socialista preguntou ademais co carácter “provisional” deste edificio, xa que “por exceso da edificabilidade permitida na parcela ocupada pola CRTVG, é complicado que poida seguir existindo unha vez rematado todo o proceso de dixitalización”.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...