Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Preto de 300 estudantes e profesorado dos centros Rosalía de Castro, Compañía de María, Peleteiro e Xelmírez II de Santiago e do IES García Barros da Estrada participaron dende a Facultade de Medicina da USC no evento de divulgación sobre células nai dirixido a alumnado de ensino secundario máis importante de Europa, as xornadas UniStem Day 2017. Os estudantes de Compostela súmanse así aos 27.000 rapaces e rapazas de todo o continente e que de xeito simultáneo participan ao longo deste venres en UniStem Day para poder coñecer e achegarse ao mundo da investigación e particularmente a este campo das ciencias da vida.
A vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, presidiu a sesión inaugural no Salón de Actos da Facultade. Tamén participaron o decano do centro, Juan Gestal, e o director do Departamento de Ciencias Morfológicas e do grupo de Neurobioloxía da Enfermidade de Parkinson –nodo da Rede de Terapia Celular de Galicia-, José Luis Labandeira García.
O programa inclúe, ademais de conexión por videoconferencia con outras universidades participantes, proxeccións de vídeos e xogos ou catro charlas impartidas por docentes e investigadores da USC que darán a coñecer, dende o rigor pero de forma amena, o mundo das células nai e desmontar algúns mitos construídos ao seu redor. O ABC das células nai, experimentando con células nai; ou mitos lendas e verdades sobre células nai son algúns dos títulos das intervencións programadas.
UniStem Day UniStem Day celébrase de xeito simultáneo en 75 universidades e centros de investigación de sete países europeos, como son España, Alemaña, Dinamarca, Serbia, Hungría, Suecia e Italia, este último o pais promotor da iniciativa. En España, ademais da USC, participan outras once universidades coordinadas dende a de Barcelona. En conxunto, agárdase a participación de máis de 27.000 estudantes en todo o continente.
O grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson é o encargado por quinto ano consecutivo de organizar esta actividade na USC. No seu desenvolvemento conta co apoio da Vicerreitoría de Investigación e Innovación e o patrocinio de Galmedic, Glass Chemicals, Celta Ingenieros, Fisher Scientific, Grupo Merck, Editorial Panamericana, Santiago Futsal, Cafés Candelas e Gadis.

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

Pladesemapesga pone entre la espada y la pared la falsa transparencia de #XulioFerreiro y su equipo de asesores y abogados del Concello de A Coruña

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia tras fracasar en la petición de documentos públicos sobre los letrados y sus compatibilidades en el Concello de A Coruña...