Información
Localidades de Galicia

Actua Galicia quere denunciar o estado de intransigencia e violencia (neste caso verbal) no que entrou unha parte da organizacion politica de EnMarea, e a contorna de Podemos

Información
23 Abril 2018 1388 votos

Vémonos na necesidade de denunciar públicamente unha situación de acoso que se vén dando xa en varias ocasións e que de forma intolerable se repetiu este din de semana pasado.

Enriqure Oubiña 2º tenente de alcalde do tripartito de Ribadumia e pertencente á Marea a través da agrupación de Somos Ribadumia, dedicouse a acosar con mensaxes por privado ao noso responsable de relacions institucionais Xabier Garaloces, do tipo:......"Jodeste, se ti podes facer o imbecil os demais podemos meternos contigo"..... ou....... "se non queres que che ataquen deixa de facer a mona".......e ata unha insinuación tal como:........ "Eche boa verdade que non ai nada como estar finaciado polo estado". Parécenos especialmente grave por tratarse dun cargo electo que debería de adicar o seu tempo a solucionar os problemas da xente, e que ademais debería de saber comportarse e ser consecuente co cargo que ocupa, e ademais parécenos grave porque os comentarios veñen a raíz dunha simple publicación en redes sociais dunha enquisa. 

 


É grave que a actitude dun representante dunha agrupación que di ser do cambio, e demócrata, sexa a de acosar e insultar por privado a oponentes políticos pola simple publicación dunha enquisa, e todo iso tra-lo ocorrido con Paula Quinteiro querendo prevalecer por encima da lei por ser parlamentaria, ou os presuntos feitos nos que se involucra ao que seria o seu sustituto en caso de dimisión de Paula Quinteiro, Xose Hermida, enfrontándose á policía local de Pontevedra dicíndolles que non sabían quen era el. Entendemos que xa non é un feito illado, senón que é unha actitude reiterativa moi preocupante que se repite de diversas formas nos membros deste partido, pasando agora a linea nun intento de calar opinións a través do acoso privado
Creemos que Luís Villares, portavoz de EnMarea, debe de actuar respecto deste tipo de accións xa que sera dificil pactar gobernos do cambio, gobernos de progreso, ou actuacións de relevancia progresista cun espectro ideolóxico que define as súas actuacións pola agresividade e imposición da súa condición de cargo electo. Insistimos, o tenente de alcalde dunha vila, pobo, ou cidade, debe estar a resolver os problemas dos cidadáns e non a acosar e insultar a rivais políticos, e debe de saber comportarse porque esta a representar a os cidadans que confiaron en esa candidatura

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!