Información
Localidades de Galicia

Goretti Sanmartín, anunciou que continúan abertas as vías de reclamación xudicial do Pazo de Meirás, despois de se coñecer a resposta de Patrimonio Nacional.

Información
27 Abril 2018 793 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás considera na súa avaliación do comunicado que Patrimonio Nacional responde "de maneira política e, elude responsabilidades ao tempo que considera que o Pazo de Meirás foi "residencia oficial" do Xefe do Estado". Como conclusión, desde a Xunta pro Devolución, defenden a solidez do informe xurídico remitido pola Deputación da Coruña a Madrid e lamentan que desde o organismo responsábel da xestión do Patrimonio Nacional "eludan implicarse perdendo a oportunidade de reclamar o Pazo para goce público coa autoridade que recoñece o informe elaborado polo equipo do profesor Xabier Ferreira".

 

En xuntanza desenvolvida este martes a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín anunciou a continuidade da vía xurídica e a solicitude dunha xuntanza co Ministerio de Presidencia co fin de "esgotar todas as vías" até conseguir o obxectivo.

Neste sentido, desde a Deputación da Coruña anunciaron xa unha reunión inminente do presidente e a vicepresidenta da institución, Valentín González Formoso e Goretti Sanmartín Rei, cos servizos xurídicos da institución, ademais do equipo dirixido polo profesor Xabier Ferreira encargado de elaborar o informe xurídico que avala a vía para a recuperación para ben público do Pazo.

Desde a Deputación manifestan o convencemento de que o camiño sinalado no informe xurídico –que se fundamenta na nulidade do contrato de compra-venda do conxunto a Francisco Franco en 1941- continúa aberto e permite novas exploracións que a resposta de Patrimonio Nacional non pecha. "Xulgamos que só sinala que desde esa institución non se senten lexitimados para iniciar o proceso, o que significa que hai outras instancias que teñen que mover ficha", sinala Goretti Sanmartín Rei.

O informe xurídico encargado pola Deputación da Coruña a un equipo dirixido polo profesor da Universidade de Santiago, Xabier Ferreira, abría a porta á recuperación do Pazo de Meirás e puña o foco en Patrimonio Nacional como suxeito con opcións para se presentar no proceso de recuperación do conxunto considerado Ben de Interese Cultural para o patrimonio público. A pesar da argumentación exposta, a resposta de Patrimonio Nacional ao informe remitido pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, anuncia que non se atopa "lexitimado para a súa reivindicación" segundo o informe solicitado a súa vez á Avogacía do Estado no Patrimonio Nacional.

Segundo notifican na comunicación asinada polo presidente do organismo, Alfredo Pérez de Armiñán y de la Serna, o informe xurídico recoñece que o Pazo de Meirás foi unha das dúas residencias oficiais de verán do daquela Xefe do Estado desde 1941 a 1975 mais "ao non ter sido nunca propiedade do Estado, nin puido nin pode integrarse no Patrimonio Nacional", o que argumenta pola aplicación das leis do 7 de marzo de 1940 e de 16 de xuño de 1982. "Na súa virtude, o Consello de Administración da Entidade non se atopa lexitimado para a súa reivindicación", conclúe a carta remitida de volta á vicepresidencia da Deputación da Coruña co informe xurídico adxunto.

Desde a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás insisten en que o camiño xurídico que tería que ser aberto desde instancias do Estado non está pechado polo que, de inmediato, se dirixirán "ao Ministerio de Presidencia a quen se lle remitirán de novo os documentos e se lle solicitará unha xuntanza para reclamar o compromiso no proceso dirixido a recuperar o Pazo de Meirás". Na solicitude de reunión avaliarase tamén o informe de Avogacía do Estado e a vía aberta ao considerar o Pazo de Meirás "residencia oficial" do xefe do Estado, conseguida despois dunha compra fraudulenta e un espolio á veciñanza demostrado con documentos históricos. Ao tempo o informe da Avogacía do Estado recoñece tamén que o mantemento, a reforma e a construción de novas infraestruturas no Pazo de Meirás foron coordinadas pola Casa Civil e Militar da Xefatura do Estado e asumidas pola Comandancia de Obras do Ministerio do Exército.

O pleno da Deputación da Coruña acordara xa, por unanimidade, instar ao Estado a exercitar as accións administrativas e xudiciais oportunas para recuperar o Pazo de Meirás para o patrimonio público. Desde a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás agardan que o ministerio responda ao requirimento mais, de non ser o caso, anuncian xa que "esgotarán todas as vías para cumprir o obxectivo de facer xustiza e conseguir que o Pazo de Meirás deixe de estar en mans da familia do ditador".

Anuncian tamén que, ao tempo que defenden este camiño indicado polo informe xurídico, activarán novas iniciativas dirixidas a dar a coñecer a situación do inmoble, convertido nun espazo de apoloxía do franquismo que "campa con total impunidade até o extremo de teren depositado alí as dúas esculturas do Mestre Mateo reclamadas xudicial e politicamente". Desde a Xunta pro Devolución do Pazo manifestan a súa preocupación polos 5.000 volumes da biblioteca de Emilia Pardo Bazán depositados en Meirás.

lineaazul 1600

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...

O sábado 19 en sesión de tarde e o domingo 20 en dobre sesión...

A CIG súmase á campaña "Mañá podes ser ti" promovida por...