Información
Localidades de Galicia

Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña

Información
09 Mayo 2018 368 Votos

O programa cunha obra "que é un fito cultural que teremos oportunidade de ver en formato musical co grande Artaud en escena nunha obra que supera a idea de Xoana de Arco como un mito e mostra a inocencia dunha adolescente e o terror dos seus verdugos, da Inquisición, un tema moi actual que nos achega a episodios recentes".

 

Nun acto en que tamén participaron o concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande, o director de Agadic, Jacobo Sutil, a responsábel da sede de Afundación da Coruña, Beatriz Aler e o director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, Ángel Rueda, Goretti Sanmartín destacou que a iniciativa é "unha proposta arriscada que resulta moi ben valorada nas liñas de axuda da Deputación da Coruña cunha clara fidelización do público".

Goretti Sanmartín fixo fincapé tamén na condición do S8 como escaparate de novas propostas que se desenvolven no sector audiovisual galego que se mostran, de maneira especial, no espazo Sinais que recolle nesta edición propostas como as de Alberte Pagán, Lara e Noa Castro, Ángel Santos, Helena Girón e Samuel Delgado ou Marcos Pérez e Martin Pawley ademais de María Ruído que traerá a súa recente "Mater Amatísima" ao encontro. "Esta importante presenza porá de relevo as propostas do ano con debates arredor do mundo actual que se recolle nos distintos proxectos como o tema da maternidade que trata María Ruído no seu novo traballo", explicou, ao tempo que convidou a asistir ao programa da nova edición do festival

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi