Información
Localidades de Galicia

O CPXG insta os responsables dos medios a normalizar o diálogo interno nas redaccións e lembra que as empresas públicas de comunicación deben perseguir a independencia do poder político

Información
28 Mayo 2018 670 votos

A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas de Galicia vese na obriga de expresar, unha vez máis, a súa preocupación polo visible deterioro das relacións laborais nos medios de comunicación. A Liberdade Editorial -que permite que cada medio decida os feitos que visibiliza, os enfoques, o seguimento ou a relevancia que lles outorga na distribución do espazo e do tempo- é un piar básico da liberdade de prensa, pero xamais debe ser escusa para a imposición vertical dunha liña ideolóxica que furte o necesario debate das redaccións.

No caso dos medios públicos, e segundo determinan as súas propias leis de creación, a súa función primordial é favorecer o pluralismo político e a liberdade de expresión, a través do reflexo constante, ponderado e responsable da diversidade política e social do seu propio ámbito. Non hai lugar neles para a dirección ideolóxica, e si para o constante compromiso cunha sociedade plural e democrática.

Os #VenresNegros promovidos polas mulleres de RTVE, e apoiados tamén o venres pasado por unha parte significativa da redacción da CRTVG, chaman de novo a atención sobre a necesidade de que nas corporacións públicas, con urxencia, se tomen as medidas requiridas pola lexislación para garantir o servizo público e a independencia do poder político -entre outras, os Estatutos de Redacción e os Consellos de Informativos-.

Por último, o Colexio de Xornalistas insta a tódolos membros das redaccións -independentemente do seu cargo- a resolver as discrepancias sobre informacións ou enfoques nun clima de diálogo aberto,  profesional e libre de presións que, de seguro, servirá para enriquecer a información que, como xornalistas, temos obriga de achegarlles aos cidadáns.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!