Información
Localidades de Galicia

30 gandeiros lucenses, primeiros beneficiarios do Centro de Recría da Deputación que é pioneiro en España

Información
05 Junio 2018 458 votos

- O Presidente, Darío Campos Conde, participou este martes na apertura do Centro de Recría da Deputación, único público en España, que comezou funcionar coa entrada das primeiras novillas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorpóranse as instalacións abertas na Granxa Gayoso Castro, de Castro de Rei, os primeiros 100 exemplares. Os gandeiros lucenses terán prioridade no uso destas instalacións

 

- Campos Conde destacou que "hoxe é un día moi importante para a nosa provincia. Dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo traballando para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro tan importante para os nosos gandeiros"

- "Investimos 12 millóns de euros para a construción destas instalacións, tivemos que facelo en solitario, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra" subliñou Campos

- "Iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois xeraremos 3 millóns de euros anuais en beneficios e crearemos un mínimo de 10 empregos, ademais de manter os actuais de empresas do sector"

- O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Inclúe custos de alimentación, transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias... Con este importe os gandeiros aforrarán custos e non terán que recriar as novillas fora de Galicia

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron este martes na apertura do Centro de Recría coa entrada de novillas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorporaranse as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde está situado o centro, 100 novillas e a partir de agora todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia de Lugo terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.

O Presidente destacou que "hoxe é un día moi importante para a provincia de Lugo. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros estea en funcionamento. Fixemos un esforzo inversor de 12 millóns de euros para a construción en solitario destas instalacións, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, unha vez máis, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra. Sen dúbida, iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois coa posta en marcha deste centro duplicaremos a capacidade de recría que existe en toda a Comunidade Autónoma, acadando exemplares cun alto valor produtivo e xenético".

Centro pioneiro en España

Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo YUS. Na actualidade, España conta 4 centros de recría: 3 privados en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza). Existe outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.

Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros. Outros obrigas asumidas por Recría Castro S.L: un incremento do 12,5% no salario dos profesionais contratados, formación profesional aos mesmos en materia de benestar animal; ou colaboración directa coa USC. Ademais, Recría Castro sumou a AFRICOR LUGO neste proxecto, pois esta asociación, da que forman parte 1.500 gandeiros de toda a provincia de Lugo, promocionará os servizos e vantaxes produtivas e económicas que supón a recría no centro da Deputación.

Prioridade para os gandeiros lucenses e beneficios de 3 millóns de euros

"No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. E o facemos porque este proxecto, financiado pola Deputación con cartos que son de todos os lucenses, naceu coa intención de facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos, ao tempo que impulsamos a economía de toda a provincia, pois xerará uns beneficios de 3 millóns de euros anuais, unha vez que o centro funcione a pleno rendemento, e creará un mínimo de 10 postos de traballo, ademais de contribuír a manter ducias de empregos vinculados ao sector" subliñou Campos Conde. No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou en www.deputaciónlugo.gal.

Prezo de 2,39 euros ao día

O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias... Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.

86.000 m2, 13 naves e capacidade para 3.000 novillas

O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).

O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!