Información
Localidades de Galicia

A XUSTIZA ADMITE A TRÁMITE O RECURSO INTERPOSTO POR VECIÑOS DE MONTERREI CONTRA O ALCALDE EN RELACIÓN Á PRESUNTA INCOMPATIBILIDADE DE FUNCIÓNS DO SECRETARIO MUNICIPAL

Información
04 Julio 2018 708 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Así acaba de notificalo o Xulgado do Contencioso-Administrativo número
2 de Ourense ao grupo que encabeza Carmen Sola
Monterrei (Ourense), 04 de xullo de 2018.- O Xulgado do Contencioso
Administrativo número 2 de Ourense vén de admitir a trámite o recurso interposto
polo grupo municipal Veciños de Monterrei contra o alcalde do municipio en relación
á presunta incompatibilidade de funcións na que podería ter incorrido o secretario
do Concello.


O grupo de Veciños de Monterrei, encabezado por Carmen Sola, denunciou perante
o Pleno e a Fiscalía Provincial de Ourense que o secretario de Monterrei posúe
intereses directos en empresas que foron contratadas de xeito regular e frecuente
polo Concello, e instou ao alcalde a dar traslado ao Ministerio de Facenda e Función
Pública da denuncia efectuada contra o citado funcionario, algo ao que José Luis
Suárez se negou nun acordo adoptado o pasado 18 de abril.
Posible incompatibilidade
Malia que a Fiscalía non observou indicios penais no asunto denunciado, si deixou
claro nas súas dilixencias de investigación que o feito de que o secretario do
Concello de Monterrei figurase como socio e conselleiro dunha empresa mercantil á
que o municipio contratou o aluguer de vehículos para distintos usos e a reparación
de utilitarios da súa titularidade, podería ser obxecto de incompatiblidade.
“O incumprimento das normas sobre incompatibilidades pode ser castigado coa
separación do servizo, suspensión de funcións ou traslado”, destaca Carmen Sola,
quen esixe “responsabilidades políticas” ao alcalde de Monterrei en relación a este
tema que, agora, vai ser estudado pola Xustiza.

lineaazul 1600

A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...

El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...

El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...