Información
Localidades de Galicia

A MIT remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas.

Información
23 Julio 2018 311 votos

O Premio do
público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA,
superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con
Mendoza.


Esta edición
destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola
proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos
ámbitos, do económico ao social.


Na MIT xurdiron
temas relevantes como a pouca valoración do oficio da escenografía por parte de
organismos coma a AGADIC da Xunta de Galicia nos proxectos de axudas públicas a
produción de espectáculos, o precario mantemento e dotación dos teatros e
auditorios de Galicia (moitos deles pechados á actividade escénica a maior parte
do ano), a escasa tarefa que dende a administración se está a facer en relación
coa proxección exterior do teatro galego ou a necesidade de dotar máis a un
festival defendido por un volume de xente cada vez maior e máis forte. A MIT é
un encontro festivo, reivindicativo, que traballa para o común e que precisa
mellorar o seu financiamento con urxencia. Usuarios e artistas, persoal técnico
e visitantes esixen unha mellora das condicións económicas. As oportunidades de
dar un salto aínda máis significativo desta capital teatral tamén parecen
esixilo. A MIT 2018 foi a demostración de que dende a periferia, o teatro galego
pode estar na vangarda, que non é un evento máis senón algo moi pensado e con
longa tradición, que ten unha posición privilexiada para poder dicir algo na
esfera internacional, como se demostrou coa estrea en Galicia dos espectáculos
de Marianella Morena, Pippo Delbono, Lali Álvarez, Los Colochos, Blind Summit,
etc. Tamén, grazas á coprodución de Commedia, a MIT acompañará e abrirá portas e
camiños para o espectáculo dirixido por Cándido Pazó e servirá de embaixadora en
encontros de Brasil, México e Uruguai, a onde o festival xa foi convidado a
participar grazas aos intercambios e redes establecidas no marco da 34ª
MIT.


Como indicou o
Director da MIT, Roberto Pascual, na inauguración desta 34ª edición, é preciso
revolucionar para mudar e mellorar aspectos da xestión escénica e a MIT está
demostrando a súa capacidade revolucionaria da man da xente, dunha cantidade
cada vez meirande de persoas que gozan dun contraste diverso, de experiencias
artísticas excepcionais e polo tanto, dun nivel e unha capacidade de acceso e
goce do teatro contemporáneo cada vez máis grande. Porque temos dereito os
galegos tamén a ter acceso a este tipo de teatro e a estar conectados co
exterior dende o noso. Porque ser revolucionarios tamén é ir cambiando os focos,
do grande ao pequeno, do centro á periferia. A MIT xa é un festival de
referencia a nivel europeo.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!