Información
Localidades de Galicia

OS CONTROIS POBOACIONAIS DE LOBO POLO GOBERNO DE FEIJOO SON A MANIFESTACION DA PEOR DAS XESTIÓNS QUE PODE FACER UNHA ADMINISTRACIÓN COA FAUNA

Información
14 Agosto 2018 488 votos

ADEGA vén de dirixir un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Natural solicitando que suprima as autorizacións pra cazar lobos. Trátase dunha práctica anacrónica, acientífica, non proporciona solucións de coexistencia coa gandería, condiciona a ecoloxía da especie, e perpetua unha visión negativa sobre o papel e función que o lobo xoga no medio natural.

 

Dende os censos dos anos 80 a poboación do lobo na Galiza ofrece unha tendencia de tamaño semellante, non hai máis lobos, a poboación non medra e mantense sumida nun control ilegal polo que morren de 200 a 300 exemplares anuais, practicamente o mesmo numero dos que nacen.

Hai un incremento na contabilización dos danos por unha mellora no rexistro das comunicacións do 012, e maior publicidade das axudas, e non por un incremento da poboación, polo que, as axudas compensatorias e as que incentiven un maior e mellor manexo preventivo deben incrementarse, e non decaer coma acontece neste último ano.

Dende ADEGA vimos de solicitar á D. X. de Patrimonio Natural información sobre o número de batidas concedidas no último ano e o seu resultado. Amosamos a preocupación polas condicións que poden estar detrás da autorización da batida celebrada en Abadín e Vilalba.   

Pedímoslle que poña en marcha un plan de divulgación e sensibilización sobre a especie, tal e como marca a normativa. Sobre o lobo infórmase con escaso ou nulo rigor, e so fai falta unha desas noticias pra que a nivel local cause un impacto ecolóxico crítico para a especie.

Dende ADEGA sumámonos á petición doutros colectivos pola recuperación do cabalo do monte, xa que o número de greas tense reducido alarmantemente sen que a Xunta dispoña dun plan para evitar a súa desaparición.

Sobre as batidas, ADEGA recorda que aínda que están previstas no Decreto 297/2008, de 30 de decembro, polo que se aproba o Plan de Xestión do Lobo, precisan de informes técnicos e autorizacións rigorosamente xustificadas. Unha aplicación rigorosa do Plan, resultaría suficiente para proporcionar solucións sen necesidade de recorrer a unha medida tan drástica, polémica, e daniña. Os controis poden ter un efecto contrario ao pretendido e incrementar os danos. Non existe evidencia científica que demostre o éxito deste tipo de actuacións. Matar lobos é algo anacrónico e as alternativas de xestión pasan por activar protocolos de manexo preventivo.

Un axeitado manexo preventivo do gando vén mostrándose coma a maneira máis efectivo para reducir os danos. A administración debe traballar no seu impulso, aportando asesoramento, asistencia e recursos suficientes. Sobre isto, dende ADEGA solicitase que a Xunta desenvolva xa as propias previsións coas que conta nos seus estudios, xa que dispón dunha ampla información ao respecto: Ver na páxina de Infolobo Galicia da Consellería de Medio content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=infolobo_galicia.html&sub=publicacions_biodiversidade/

Valoramos que as medidas preventivas deben completarse cun áxil e xeneroso pago de medidas indemnizatorias por danos. Unha insuficiente dotación, xunto cos atrasos acumulados e a tardanza en facer efectivas estas axudas son un problema que impiden alcanzar unha solución. De manterse un presuposto anual acorde cos danos producidos, e de efectuarse os pagos en poucas semanas, así como, simplificando o método de tramitación, avanzaríase moito na mellora de solucións para favorecer a coexistencia.

Neste sentido, dende ADEGA avogamos por cambios na tramitación. Os danos que sexan certificados in situ polos Axentes de Medio Ambiente como ataque seguro de lobo, sexa suficiente dita acta pra resolver o pago en cuestión de días, sen necesidade de agardar ao ditame da comisión de valoración de danos. Só naqueles casos onde os Axentes puideran apreciar dúbidas razoables da orixe dos danos pois someter a verificación á comisión de valoración.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi