Información
Localidades de Galicia

184 medidores da concentración de radon en aire en 46 edificios municipais

Información
10 Septiembre 2018 238 votos
Este é un dos 184 medidores pasivos colocados. Se os ves nalgún edificio público, por favor, non os toques

Este é un dos 184 medidores pasivos colocados. Se os ves nalgún edificio público, por favor, non os toques

Esta semana completouse a colocación dos 184 medidores que dentro duns meses nos permitirán coñecer os niveis de concentración de radon en aire que temos nos edificios municipais. As medicións realizaranse nos 46 inmobles (edificios administrativos, colexios, centros sociais...), nos que se desenvolve algún tipo de actividade e que, polo tanto, son utilizados por persoas. O radon, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), é a segunda causa de cancro de pulmón, e está presente no noso concello e en toda Galicia debido á proliferación de solos graníticos.

O estudo que vimos de poñer en marcha, e no que investiremos 10.406 euros, consta de dúas fases. Esta primeira consiste na colocación de 184 medidores pasivos. Tal como explica o técnico que os instalou, Luis Rodríguez, da empresa Control y Estudios (CYE), que é pioneira en Galicia neste campo, os aparatos rexistran as pequenas explosións que se producen no proceso de desintegración do uranio, o compoñente do granito do que procede o radon. Ao dividir o número de días de exposición entre o número de explosións obtense a media da concentración, pero, como sinala Luis Rodríguez, “hai que medir con moito coidado, porque pola noite pode dar un valor de 2.000 e polo día un de 80. Por iso debemos ter en conta unha serie de factores, como o estado do edificio, o tipo de uso... que son os que despois analizamos no laboratorio”.

En espazos pouco transitados, coma os sotos, os medidores colócanse no solo ou o máis preto posible

En espazos pouco transitados, coma os sotos, os medidores colócanse no solo ou o máis preto posible

Un dos factores que inflúe é o climatolóxico. “Se fose inverno –comenta o técnico-, en 90 días teríamos os resultados, pero ao ser verán esperaremos un ou dous meses máis, porque é a maneira de obter resultados máis fiables, e cando leamos os resultados no laboratorio teremos en conta que as medicións se realizaron durante o verán”.

 

Só no caso de que se aprecien valores “sospeitosos” realizarase unha segunda medición, neste caso con aparatos activos, que toman datos cada hora e nun prazo de 2-3 días permiten coñecer o nivel exacto de concentración de radon en cada momento. O obxectivo é dispoñer da información para poder tomar as medidas correctoras precisas en cada caso.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi