Información
Localidades de Galicia

Os veciños de Vilagarcía poderían ver cumprida a antiga de demanda de ver unidos Carril e Vilaxoán a través do paseo marítimo si prospera a solución proposta polo Concello para salvar os requisitos da Lei de Costas na Rúa Víctor Pita

Información
10 Septiembre 2018 183 votos
Para poder dar continuidade ao paseo marítimo que actualmente remata en Ferrazo, e sen perder a vista do mar, o Concello propón un único carril con circulación rodada alterna en ambos sentidos e regulada por semáforos. Deste xeito, o carril que se elimina -o que vai pegado ao mar-aproveitaríase para habilitar un novo tramo de paseo peonil e de carril bici ata a praia de Canelas. A medida permitiría ademais gañar seguridade nun punto negro do viario municipal no que xa se teñen producido accidentes mortais.
08.09.2019.- O goberno local xa sondou hai meses a veciños de Sobradelo e de Vilaxoán sobre a alternativa que nas próximas semanas volverán a abordar xa con maior concreción cos colectivos e asociacións das dúas parroquias. De feito, o Concello encargou a redacción dun proxecto de reordenación do bordo litoral na Rúa Víctor Pita co obxecto de dar forma á idea.

A proposta estudouse tamén coa Policía Local, polo á de regulación do tráfico se refire, e cos responsables da Xefatura Territorial de Costas, que non puxeron impedimento algún ao non supoñer ningunha variación á actual ocupación e afección do dominio público marítimo terrestre. Este era o principal obstáculo que se atopaba ata o de agora a continuación do paseo marítimo ata Vilaxoán, posto que a actual Lei de Costas impide anchear a estrada cara o mar e tampouco permite ampliar o ancho da plataforma viaria mediante estruturas en voadizo, como se propuxera xa hai anos. Outra das medidas que barallara o Concello no mandato de Dolores García para salvar esta complicación era desviar o paseo polo interior, iniciativa que ademais de alonxar o paseo do mar, tampouco foi viable ao non chegar a acordo con todos os propietarios afectados.

A medida que propón agora o goberno que preside Alberto Varela salva todos os obstáculos da Lei de Costas, mantén o paseo pola beira do mar e aporta seguridade viaria, tanto para os peóns como para os coches que circulan por Víctor Pita. Este tramo da estrada presenta a dificultade de que carece de beirarrúa na parte que da ao mar e as pechadas curvas de Ferrazo e Canelas xa foron escenario de diversos accidentes de tráfico co resultado de morte.

Ademais de expoñer o proxecto aos veciños, o executivo pretende poñer a proba a medida durante un tempo para comprobar o funcionamento do único carril de circulación. Para elo instaranse semáforos provisionais en ambos extremos da vía, para regular o paso la circulación de vehículos de forma alterna nos dous sentidos. Si despois un tempo compróbase que o resultado é positivo, sería cando o Concello se poría a xestionar o financiamento necesario para sacar a licitación a obra da ampliación do paseo marítimo e o carril bici polo carril desafectado.


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi